Home Pontevedra Deza Motor Show Galicia volve con dous eventos espectaculares os días 6, 7...

Motor Show Galicia volve con dous eventos espectaculares os días 6, 7 e 8 de decembro

- Anuncio -

• SERÁ DE NOVO NAS INSTALACIÓNS DO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, EN SILLEDA (PONTEVEDRA)

• O PRIMEIRO DÍA TERÁ LUGAR UN SHOW DE FREESTYLE MOTOCROSS E TANDAS DE DRIFT, CON ENTRADA ÚNICA PARA ESTE EVENTO

• O SEGUNDO E TERCEIRO DÍA CELEBRARASE O EVENTO COMO TAL, ABRINDO NOS PAVILLÓNS A SÚA EXPOSICIÓN DE COCHES DE COMPETICIÓN E CLÁSICOS E A VENTA DE EQUIPAMIENTO E ACCESORIOS, ADEMAIS DE DAR COMEZO AS SÚAS NUMEROSAS ACTIVIDADES

Motor Show Galicia 2024, organizado por Sac Events, volve ao recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA os días 6, 7 e 8 de decembro. E faio con dous eventos espectaculares.

O venres 6 de decembro terá lugar un show de Freestyle Motocrós con acrobacias e saltos extremos nos que os mellores pilotos desafiarán á gravidade e o perigo. Ademais, os asistentes poderán ver un adestramento de drift no que se mostrarán derrapaxes con asombrosas habilidades. Este espectáculo, que é unha especie de previa á propia cita de motor, contará con entrada única e independente.

Xa o sábado 7 de decembro poñerase en marcha o Motor Show Galicia como tal, o cal se estenderá ata o domingo día 8. Esta cuarta edición contará de novo cunha exposición de centos de vehículos de competición, de rally e clásicos que os seus propietarios exhiben nos pavillóns do recinto para que o público poida desfrutar deles, destacando gran cantidade de coches exclusivos e vehículos totalmente personalizados. Ademais, tamén haberá á venda equipamento e accesorios.

Desde shows ata simuladores

Á exposición de Motor Show Galicia 2024 engadirase un programa que contará con gran atractivo. Incluirá espectáculos de Paulo Martinho, pioneiro do freestyle en Portugal; exhibicións de drift tanto diúrnas como nocturnas, simuladores ou circuíto de karts, ademais de zona infantil. Así mesmo, o evento realizará numerosos sorteos, que incluirán desde copilotaxes drift ata pases para algunhas das súas actividades e o espectáculo previo de Freestyle Motocrós & Drift.

En canto ás entradas, aínda que son específicas para cada un dos eventos, é dicir, independentes para o Freestyle Motocrós & Drift por unha banda e para o Motor Show por outra, tamén existen entradas VIP que dan acceso aos dous eventos.

Toda a información pode coñecerse con detalle nas contas de Motor Show Galicia nas redes sociais Facebook e Instagram.

Relacionadas

A ANPA Cal do Vergazo, en colaboración co concello da Lama, celebra este domingo...

0
O alcalde David Carrera e membros desta asociación escolar presentaron a actividade que contará con 51 expositores, música e obradoiros participativos O alcalde da Lama,...

A Deputación leva este domingo a Soutomaior o circuíto +Escénicas con “O tranvía Leonardo”,...

0
O espectáculo para público infantil celebrarase ás 17:30 horas na Casa da Cultura +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros,...

O BNG emenda os orzamentos da Xunta para que Soutomaior conte canto antes co...

0
O BNG de Soutomaior vén de presentar as súas emendas aos Orzamentos da Xunta de 2025. O obxectivo destas emendas é que a Xunta...

A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A viaxe de Lucy”...

0
O documental poderá verse na Casa do Pobo de Corredoira ás 18:30 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do...

400 escolares aprenden a alimentarse de maneira saudable

0
● O Concello do Porriño, coa colaboración do SERGAS, impulsa estes talleres de nutrición nos centros educativos O Concello do Porriño segue apostando pola promoción...

A Deputación leva este sábado ás Neves a proxección de “Os espazos en branco”...

0
O documental poderá verse no Auditorio municipal ás 20:00 horas O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén...

Publicacións Relacionadas