Home Pontevedra Movemento Salceda pide que se compense o defecit de saneamento do municipio...

Movemento Salceda pide que se compense o defecit de saneamento do municipio e vota contra a reforma dos estatutos do Consorcio do Louro

- Anuncio -

O PP PLÉGASE AOS INTERESES DO PORRIÑO, MOS E DA XUNTA DE GALICIA, E ATACA A MS SEN PRANTEXAR NIN UNHA SOLA PROPOSTA

Movemento Salceda votou en contra hoxe da modificación dos estattuos do Consorcio do Louro que lle dá ao municipio do Porriño total poder de decisión sobre este organismo, e pediu un mecanismo para compensar á localidade do Caselas polo seu déficit histórico en materia de saneamento.
O voto de MS non puido evitar que Salceda aprobase a modificación destes estatutos, xa que o PSdeG-PSOE e o PP votaron xuntos a favor e incluso o PP, que se abstivo na comisión informativa, cambiou o voto de abstención a favorable para que o acordo saíse adiante, antepoñendo claramente os intereses do Porriño, de Mos e da Xunta de Galicia aos intereses das veciñas e veciños de Salceda.
É de destacar a defensa que fixo o seu portavoz da modificación destes estatutos e o ataque furibundo contra MS, empregando aquello de que “a mellor defensa é un bo ataque”, cando a intención de Movemento Salceda nunca foi polemizar senon reclamar fondos que o Porriño e Mos tiveron historicamente en detrimento de Salceda.
A proposta de Movemento Salceda, que se pode ver na gravación do Pleno como o resto do posicionamento dos grupos, foi comparar os investimentos executados dende a constitución do consorcio en 2013, e que cando menos a Salceda lle corresponda esa porcentaxe de participación, absorbendo ese agravio/débeda histórica co noso Concello, esixindo a posta en marcha de un mecanismo de compensación para o déficit de saneamento de Salceda. O obxectivo era que o Concello de Salceda levase ao consorcio unha renegociación na que se beneficiase ó noso municipio. Ó noso entender o punto debeu quedar sobre a mesa.
A razón de ser de Movemento Salceda é defender os intereses da veciñanza do noso municipio por enriba de calquera outro interese e creemos que a reforma dos estatutos é claramente denigrante, inxusta e perxudicial para a nosa xente no que respecta ao seu dereito ao saneamento; é negativo para Salceda

Creemos que con esta reforma o criterio de solidaridade, equiade e lealdade, o de “todos somos un” da constitución do consorcio no 2013, queda esquecido. Naquela pactarase ir executando os proxectos establecidos no Inventario de necesidades en base ao número máximo de viviendas saneadas por euros de custe, independentemente do concello que fose, algo que non se fixo.

No pleno, Loli Castiñeira lembrou que Salceda é o concello menos saneado dos 4, con dúas parroquias, Soutelo e Entenza, sen saneamento polo incuprimento da Xunta de non aportación do 20% restante dos fondos europeos que viñeron para elo. Esta declaración enfureceu ao PP que atacou duramente a Movemento Salceda a través do portavoz Santiago Rodríguez Davila que máis ben parece o delegado da Xunta na vila que un concelleiro que debe representar as veciñas e veciños.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas