HomeO MorrazoCangasMúsica, clown, teatro e monólogos ampliarán a oferta lúdica de Cangas no...

Música, clown, teatro e monólogos ampliarán a oferta lúdica de Cangas no “Terra Spring Festival”

- Anuncio -spot_img

O Concello presenta o cartel dun evento gratuito o 6 e 7 de abril que aposta polos grupos locais para ampliar a oferta cultural local

A alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, e o concelleiro de Cultura, Adrián Pena, presentaron xunto a representantes da organización do cartel do “Terra, Spring Festival”, unha proposta lúdica co complementará a oferta de ocio durante a Semana Santa en Cangas con actuacións gratuitas durante os días 6 e 7 de abril.

O escenario instalarase durante as dúas xornadas no entorno das naves de Ojea e contará coa colaboración de artistas e grupos musicais do Morrazo. “Terra é un evento gratuito e pensado para que todos os públicos poidan desfrutar desta experiencia, apoiándonos en grupos e artistas de Cangas e a súa contorna, e que albergará concertos, monólogos, shows de clown, etc”, explica Victoria Portas.

Para o xoves día 6 o cartel inclúe as actuacións gratuitas de grupos como Skarnivals, La Quinquillada, The Brole-Rapariga Dj o The Lelli Kelly´s.

Para a xornada do venres o cartel recolle as actuacións de Jazmín Abuín, David Granha, Arantxa Treus, Clown Cigani e Rhytim “n” beer e Moito Morro Teatro.

“Este 2023 o Concello de Cangas ofertará unha gran axenda cultural, donde todas as familias poderán desfrutar da nosa tradicional Semana Santa declarada Festa de Interese Turístico Galego e outro tipo de espectáculos lúdicos que nos permitan ser un gran atractivo cultural en esas datas para todo tipo de públicos”, apunta o concelleiro Adrián Pena.

Terra nace cunha forte vinculación social, integrando na programación a protectoras de animais, colectivos vulnerables e asociacións como por exemplo, ADICAM entre outros colectivos. “Cangas, merece seguir crecendo culturalmente, e este tipo de eventos crean un gran impacto socioeconómico”, conclúe Victoria Portas.

Publicacións Relacionadas