Neste marco lúdico-reivindicativo desenvolveuse o Concurso Tortilleiro no que Miguel Ángel Velasco resultou gañador na categoría de tortilla de patacas tradicional e Eva Torres na de tortilla queer.
Pinto e Maragota dá nome ao programa pola diversidade sexual e de xénero de Pontevedra, que promove a Concellería de Igualdade.
O Vermú Tortilleiro de Pinto e Maragota converteu este mediodía ao Campiño de Santa María nun espazo de lecer e reivindicación, onde a música e os petiscos maridaron coa diversidade e igualdade. Neste marco desenvolveuse o IV Concurso Tortilleiro onde os e as participantes competiron en dúas categorías: tortilla de patacas tradicional e tortilla queer. Na grella de saída, 21 tortillas.
O xurado outorgou o premio á mellor tortilla tradicional a Miguel Ángel Velasco, quen lle dedicou a Marcos López o galardón. A súa tortilla, feita con ovos da casa, foi elixida a mellor de entre doce.
O segundo premio recaeu en Ester Rial.
O premio á mellor tortilla queer foi para Eva Torres. A súa elaboración, unha das nove presentadas, levaba pemento verde e touciño entrefebrado fresco amais de pataca e ovo. O segundo posto foi para Ester González, pola súa tortilla de sobrasada e cebola caramelizada.
Atendendo ás bases do concurso Miguel Ángel recibiu como premio un xantar ou cea para dúas persoas no restaurante Trasmallo. No caso de Eva, o xantar ou cea do premio será no Icewolf. O agasallo para os segundos postos foi unha botella queer de Paco e Lola e unha visita guiada ás bodegas e no caso de Ester Rial, ao ser menor de idade levou tamén un lote de libros LGTB.
O xurado cualificador do concurso estivo formado por representantes da hostalaría local, de Pinto e Maragota e de AVANTE LGBT- Pontevedra. Xurado queer: Alberto Pérez, Xefe de cociña do Icewolf; Olga Andrés, mestra e Luís Pintos, avogado.
Xurado tradicional: Antonio Novas, chef e responsable do Trasmallo; Verónica Cabrero, gañadora do ano pasado na categoría tradicional, e Anabel Gulías, concelleira igualdade Pinto e Maragota é o programa municipal pola diversidade sexual e de xénero que promove a Concellería de Igualdade, dirixida por Anabel Gulías. A cita de hoxe marcou o inicio dos vermús Pinto e Maragota da recta final do ano, unha actividade de lecer, literaria e musical xa consolidada na cidade.

