HomePontevedraBaixo MiñoMúsica para celebrar o 13º aniversario da Eurocidade Tui-Valença

Música para celebrar o 13º aniversario da Eurocidade Tui-Valença

- Anuncio -spot_img
Será o próximo sábado, 15 de febreiro, ás 21 h ES no Teatro Municipal de Tui

A Eurocidade Tui-Valença conmemora o seu 13º aniversario cun evento musical que reunirá a catro formacións de ambos lados do Miño. Será o sábado 15 de febreiro, ás 21 h ES, no Teatro Municipal de Tui. A entrada será de balde ata completar aforo.

Este  concerto correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui, a Associaçâo Musical de São Pedro da Torre, Old Bridge Band e o Conservatorio de Música Profesional de Tui. Estas catro agrupacións, integradas por músicos tanto tudenses coma valencianos, tenderán novas pontes musicais para celebrar este aniversario da constitución da Eurocidade Tui-Valença.

Esta iniciativa reafirma o compromiso da Eurocidade Tui-Valença por seguir fortalecendo os lazos históricos, culturais e sociais entre ambas cidades, neste caso a través da música.

Publicacións Relacionadas