Home Pontevedra Baixo Miño Música tomiñesa para poñer banda sonora ao domingo de sesión vermú no...

Música tomiñesa para poñer banda sonora ao domingo de sesión vermú no Mercado

- Anuncio -

O público terá unha nova oportunidade este 15 de maio ás 12.30 horas de desfrutar de tomar algo mentres escoita música en directo

Esta fin de semana Tomiño ten unha nova cita dos seus domingos de sesión vermú, unha das actividades programadas dentro de ‘Vive!’, unha campaña posta en marcha polo Concello para reactivar a actividade económica e social do municipio e animar á xente á volver de novo ás rúas.

Este domingo 15 o público poderá gozar dun rato de boa música da man da baterista tomiñesa Andrea González Giraldez e do Alonso, Piñeiro, González Trío. Andrea González, nada en Cristelos, comezou a tocar percusión con 11 anos na banda de gaitas de San Vicente de Barrantes e dende entón non abandonou a música. Actualmente sigue a súa carreira de batería na especialidade de jazz e música moderna no Conservatori Superior de Música del Liceu de Barcelona e toca, ademais de no trío co que estará no Mercado, na Big Band do conservatorio, no cuarteto Kai, no grupo Sybille e en Gara Quartet.

A música en directo comezará a partir das 12.30 horas e a actividade será de balde ata completar aforo. O obxectivo da campaña é conseguir que todas as fins de semana haxa actividades e opcións de lecer en Tomiño que animen á veciñanza a visitar e comprar nos mercados municipais e o no comercio local.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas