Home O Morrazo Marín Musimarín trasládase oficialmente á Nosa Señora do Carme

Musimarín trasládase oficialmente á Nosa Señora do Carme

- Anuncio -

O Concello recibiu xa a resolución favorable da Xunta de Galicia para usar a antiga escola infantil como un espazo de educación musical para a Banda de Música.

A alcaldesa de Marín, María Ramallo, informou esta mañá de que a Consellería de Educación resolveu favorablemente que o local da antiga EEI Nosa Señora do Carme poida ser utilizado como centro de educación musical por parte da Banda de Música de Marín, Musimarín, despois de que se trasladase a unidade de Educación Infantil ao CEP Sequelo, centro que está a uns metros do Nosa Señora.

A rexedora acompañou aos membros da directiva da asociación a unha visita ás instalacións, para que puideran ver o seu mellor aproveitamento de cara instalar nelas a súa actividade, que actualmente estaba a realizarse no CEIP da Laxe.
“Tanto eles coma nós sabemos que a Banda gana con este cambio, xa que é moito máis espacioso e xa ten unha disposición pensada para a docencia”, explicou Ramallo. “Coa gran cantidade de alumnado que teñen. aquí poderán levar adiante ensaios de distintos instrumentos simultáneamente, ofrecendo unha moi boa oferta de estudos”, explicou a rexedora.

Desde Musimarín, mostraron a súa satisfacción por poder utilizar este inmoble e agradeceron ao colexio da Laxe a súa disposición até o de agora para acoller a súa actividade.

Relacionadas

A Deputación ten aberto ata o 18 de xuño o prazo para o pago...

0
O ORAL xestionará preto de 290.000 recibos por valor de 17,6 millóns de euros de contribuíntes de 47 concellos A Deputación de Pontevedra acaba de...

O Obradoiro de Emprego doa 18 quilos de caballa ao Comedor Social de Marín

0
Será a primeira das doazóns que se realicen a esta entidade sen ánimo de lucro, procedentes das prácticas de fileteado de peixe que realiza...

O Concello celebra o 23 de abril anunciando a décima edición de “Unha dorna...

0
Este evento, da Asociación de Mulleres Intercambio do Saber, será o 28 de abril na Alameda e ten por obxectivo dacer un intercambio de...

Unha boa nova: o TSXG suspende cautelarmente o parque eólico de Castro Valente

0
Xoán Reices: “Este parque eólico está situado enriba dos restos dunha fortaleza medieval o que debería ser motivo abondo para paralizalo definitivamente” O TSXG vén...

Mondariz crea un espazo de lecer e lectura ao aire libre

0
Co obxectivo de dar vida a espazos públicos abandonados e sen uso o Concello de Mondariz acadou unha axuda para a creación dun espazo...

0
MÁIS DE 70 HORAS DE FORMACIÓN E SERVIZOS GRATUÍTOS NA AULA CEMIT DE CUNTIS DURANTE TODO O MES DE MAIO• Impresión en 3D, uso...

Publicacións Relacionadas