Home Pontevedra Ponte Caldelas Nava Castro destaca a importancia de iniciativas como a do Belén de...

Nava Castro destaca a importancia de iniciativas como a do Belén de Ponte Caldelas para dinamizar o mundo rural polo Nadal

- Anuncio -

A directora de Turismo felicitou a Antonio Varela e Marisol Peso pola conservación da tradición belenista e pola fidelidade nas pezas realizadas con material reciclado

A director da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou esta tarde o Belén Artesanal de estilo hebraico, deseñado por Antonio Varela e Marisol Peso e que está instalado na Casa Rectoral do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas.

Durante a visita estivo acomopañada polo cura párroco, Benito Vázquez, o presidente da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns, Antón Xil, entidade promotora desta iniciativa que conta coa colaboración da Unidade Pastoral de Ponte Caldelas, e varios membros da Asociación Santa Baia e de Cáritas de Ponte Caldelas, que dirixe Manolo Lois.

Nava Castro destacou a importancia que están a supoñer este tipo de iniciativas que recuperan a tradición belenistas e que se converten nun motor de dinamización do mundo rural polo Nadal.

Castro, que felicitou a Antonio Varela e Marisol Peso, autores do Belén de estilo hebraico, sinalou o rexurdir da tradición belenista en Galicia que se traduce en que cada vez máis composicións de Nadal se incorporan á guía que realiza a Xunta de Galicia para darlles visibilidade e fomentar a súa visita xerando tamén neste sentido un movemento de persoas que contribúen a dinamizar a economía dos lugares onde se expoñen composicións belenistas.

O Belén artesanal que acolle esta ano a rectoral do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas é de estilo hebraico e imita unha aldea xudea con elementos arquitectónicos do momento, resultado dun proceso de documentación previo realizado por Antonio Varela e Marisol Peso e que se ergue sobre un escenario árido de deserto e montañoso que coincide coa fisonomía física de Xudea.

MATERIAIS RECICLADOS QUE TEÑEN UNHA SEGUNDA VIDA NO BELÉN

As edificacións presentes no Belén están feitas a man con total realismo e sobresaen os destalles levados a cabo con sumo coidado e cun nivel de precisión extraordinario. Tamén é de salientar a decoración vexetal, os sendeiros e camiños e toda a composición que acada unha beleza única e sorprendente xa que todo el está feito de materiais reciclados que teñen así, a través da arte belenista, unha segunda vida. Esta característica foi tamén especialmente destacada por Nava Castro que agradeceu as explicacións sobre o proceso de elaboración do Belén.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas