- Canóns de neve, música e chocolate quente no primeiro evento navideño mosense
- Centos de persoas participaron onte pola tarde no acto de acendido do alumeado de Nadal o ao que asistiron a alcaldesa e goberno local
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros e concelleiras do goberno local, participaron onte pola tarde no acto de acendido do alumeado de Nadal nos exteriores do Pazo de Mos, xunto con centos de persoas que non quixeron perder o espectáculo navideño cargado de actividades, música, diversión e neve.
Así chegou o tan esperado acto inaugural do acendido navideño, que marca o inicio do Nadal en Mos e representa, xunto coa Festa Pre Fin de Ano do 30 de decembro, un dos acontecementos máis esperados e concorridos, tanto destas datas, como de toda a programación lúdica e cultural mosense.
O acendido do alumeado de Nadal na contorna do Pazo de Mos deu comezo ás 18:00 horas e contou co espectáculo infantil “A Raíña da Neve”, a actuación musical dos “King Kids”, así como canóns de neve artificial e fotomatón con foto de regalo e obradoiros infantís de pintacaras e globoflexia.
Máis programación navideña en decembro e xaneiro
MÉRCORES 6 • 18:00h • Auditorio de Torroso
Concerto Santa Icía
Coral Polifónica Ventos do Val
SÁBADO 9 • 20:00h • Multiusos das Pozas
Festival de Nadal Escolas Baile Deportivo Patricia Martínez
DOMINGO 10 • 18:30h • Auditorio de Torroso
Festival “Has de cantar Torroso Gaiteiro”
Concerto da Banda de Música Xuvenil de Torroso e
Grupo de Gaitas Ruada
DOMINGO 10 • 19:00h • Pazo de Mos
Festival de Corais de Nadal
DOMINGO 10 • 18:00h • Auditorio de Guizán
Teatro infantil títeres
“A cazola de Lola” (Tanxarina títeres)
SÁBADO 16 • 19:00h • Pazo de Mos
Teatro infantil
“Palabras” (Boaboa Teatro Infantil)
DOMINGO 17 • 17:00h • Avenida de Puxeiros
Certame de Rondallas
Asociación Club Rondalla Santiaguiño de Guizán (Mos)
Rondalla do Círculo Recreativo e Cultural de Torroso (Mos)
Rondalla da Asociación Cultural e Social de Herville (Mos)
Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Baia (Mos)
Rondalla de Pontellas (O Porriño)
Rondalla Santa Eulalia de Atios (O Porriño)
DOMINGO 17 • 10:00-14:00h • Centro Dotacional Torroso
Concentración solidaria de coches clásicos
XOVES 21 • 18:00h • Pazo de Mos
Acendido do Pazo de Mos (Campaña #AcendeOXacobeo)
Acendido monumentos do Camiño
Malvela
Chocolatada
DOMINGO 24 • 11:00h • Saída Parque de Sanguiñeda
Papanoelada Moteira
SÁBADO 30 • 23:30h • Pazo de Mos
Festa Pre-Fin de Ano
Orquestra Kubo
Jorge Cremades
DJs
Uvas para tod@s
XOVES 4 • 19:00h • Saída desde o Multiusos das Pozas
Excursión para familias “Barco do Nadal”
Saída ás 19 h ata o Porto de Vigo
Prezo: 14 € (adultos) / 9 € (nenos de 3 a 12 anos)
VENRES 5 • 18:00h • Avenida de Sanguiñeda
Cabalgata de Reis
Desfile de carrozas SS.MM. e Rondallas de Mos
Belén Vivinte
Agasallo das SS.MM. para tod@s @s nen@s
BELÉN PAZO DE MOS
Luns a venres • 10:00-14:00h • 17:00-20:00 h
Fins de semana • 10 a 14 h
BELÉN DE HERVILLE
Luns a venres • 15:00-17:00h • 19:00-22:00 h
Sábados • 15:00-22:30 h
Domingos•11:30-13:30 h • 15:00-21:30 h
VISITAS GUIADAS AO PAZO DE MOS
•7 decembro • 18:00 h
•30 decembro • 12:00 h
•4 xaneiro • 18:00 h
Entrada: 3,50 € a favor de Mos Axuda
Inscricións:
650 446 065
inscricions@pazodemos.org