HomePontevedraBaixo MiñoNico Montes: “A forza non só está no candidato, está no conxunto...

Nico Montes: “A forza non só está no candidato, está no conxunto de persoas e no PP temos o mellor equipo para Gobernar Tui”

- Anuncio -spot_img

● O candidato do Partido Popular á alcaldía de Tui aposta porque a partir de maio o PP vai gobernar en Tui: “Fixemos un equipo moi bo. A forza non está só no candidato, está no conxunto de persoas que compoñen o grupo, e no Partido Popular temos o mellor equipo para Gobernar Tui. Imos gañar polo ben do noso concello”.

● Historiador para gobernar unha das cidades con máis historia de Galicia, recoñece que “os de Tui somos moi do noso concello, estamos moi orgullosos da nosa cidade. E por iso queres corresponderlle e responderlle con todo o que che dá”. E cando comezou a vincularse moito máis coa súa cidade, comezou a interesarse pola política.

● “O que máis me gusta do meu concello son as súas rúas, a súa historia, temos un dos conxuntos históricos máis importantes de Galicia, as súas xentes, a súa natureza… Ten boas comunicación… Ten todo. É un luxo vivir en Tui e ser de Tui”.

● Con todo, tamén recoñece que ten os seus problemas: “o caos no tráfico e a falta de aparcamento son os máis graves, ambos dificultan o desenvolvemento da cidade. Son un caos que hai que resover. Tui camiña cara ser unha gran cidade turística e necesita mellorar os servizos”.

● No personal, defínese como unha persoa “optimista, alegre, que lle gusta escoitar e aprender. Son unha persoa sencilla, amiga dos meus amigos. Gústame estar na rúa, relacionándome coa xente”.

● O baloncesto é unha das súas paixóns. “Débolle moito. Son o que son gracias ao deporte. Levo desde os 5 anos xogando ao baloncesto, e sigo en activo. Poder competir os sábados cárgame de enerxía. O club é a miña casa, a miña familia. Todos os valores que teño aprendinos alí”.

● Para xogar un 3×3 con políticos elixiría “a Pedro Sánchez, o presidente do Goberno, pola súa experiencia xogando no Estudiantes, e a José López Campos, alcalde da Estrada, contra quen tiven a sorte de xogar e que amosaba unha calidade espectacular”. E ironiza con que “dos tres, a min iríame mellor, porque sempre salgo para gañar”.

UN NOVO FORMATO PARA COÑECER DE PRETO AOS CANDIDATOS

• O podcast en Primeira Persoa é unha idea orixinal do Partido Popular de Galicia na que diferentes candidatos das provincias galegas teñen a oportunidade de ser entrevistados nun formato directo, dinámico, e adaptado ás novas formas de comunicación que ofrece o universo transmedia.

• A máxima coa que se plantexan estas entrevistas é que os veciños poidan coñecer á persoa que hai detrás do político e escoitar aos seus candidatos nun ton informal e próximo, mais aló de discursos políticos e ideoloxías

Publicacións Relacionadas