A número 3 ao Senado e alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a secretaria xeral do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro, percorreron esta mañá o centro da Cañiza, acompañadas polo presidente local, Miguel Domínguez. Arévalo subliñou que “o domingo está nas nosas mans elixir un Goberno a favor dos galegos e un presidente que demostrou a súa capacidade para xestionar, resolver os problemas da cidadanía e que coñece cada un dos concellos da nosa provincia”.
Por iso, pediron ir a votar o domingo polo cambio. “Necesitamos o voto de todas as persoas que queren que as cousas cambien, superar os bloques e as confrontacións. O voto a Feijóo é o único que garante deixar atrás o sanchismo, é a solución para conseguir un goberno para todos, un goberno forte, alonxado dos extremos, das mentiras e que dea estabilidade ao noso país”, engadiu.
Por último, recordaron que “o último gran invento do sanchismo” é pagar polo uso das autovías a partir de 2024, unha “nova hipoteca” que aos veciños do Condado-Paradanta afectará especificamente coa A-52.