Nigrán decidira o título da liga Nacional de Bádminton

adminON
Lectura mínima de 3

Este próximo sábado 13 de abril volve o mellor bádminton nacional á localidade de Nigrán con motivo da celebración da xornada final da liga Nacional Bronce no Pavillón Municipal de Panxón.
O Club Escola Rosalía Peixes Vimar foi o adxudicatario desta xornada por parte da Federación Española de Bádminton e dado o interese por parte da entidade viguesa de recuperar o bádminton na comarca do Val Miñor, é polo que se quixo que o bádminton de máximo nivel volva voar “” en Nigrán.
Nigrán foi berce de grandes xogadores e xogadoras do noso deporte durante os anos 80 e 90, a través do Club Bádminton Nigrán, e onde todo o Val Miñor era un referente a nivel nacional no noso deporte.
Esta última xornada decidirá a clasificación final da mesma polo que en terras nigranesas, a recado, haberá moitos nervios e tensión para os posibles ascensos e descensos de categoría, xa que a maioría dos 12 equipos participantes chegan a esta cita xogándose algo tras as xornadas anteriores celebradas en Sevilla, Huelva e A Coruña.
Na competición participan os seguintes equipos ADC Arroyo Tejada (Madrid), Recreativo IES A Orde (Huelva), Larios Rental Jorge Guillén (Málaga), CB Palencia (Palencia), CB. Valladolid (Valladolid), Club do Mar de San Amaro (A Coruña), Club Bádminton Hinojeros Granadilla (Tenerife), Tenzul El Rosario (Tenerife), Club Bádminton Riconada
BÁDMINTON https://badmintonclubescolarosalia.es/BadmintonRosalia/ https://www.facebook.com/cervigo.bdm.7
https://twitter.com/RosaliaClub
COLEXIO http://www.escolarosaliadecastro.edu.es/
Estrada de Bembrive, 91
36214 Vigo
Tels. 636 047 905 (B)
Bádminton: clubescolarosalia.bad@gmail.com
(Sevilla), Drop Valencia (Valencia), Club Bádminton Zamora (Zamora) e o anfitrión Club Escola Rosalía Peixes Vimar (Pontevedra).
Nestes momentos a clasificación está encabezada polo Club Escola Rosalía Peixes Vimar seguido polo Recreativo IES A Orde e Club do Mar de San Amaro. O conxunto vigués co ascenso á División de Prata conseguido tentará nesta última xornada alzarse co triunfo na liga. Mentres que pola outra praza de ascenso loitarán IES A Orde, San Amaro e Arroyo Tejada como principais candidatos.
Pola parte baixa da clasificación Valladolid e Hinojeros Granadilla parecen como os principais candidatos ao descenso directo aínda que tamén se atopan nunha situación perigosa Zamora e Larios Rental Jorge Guillén.
Os horarios dos enfrontamentos serán o sábado 13 de abril ás 9:30 horas e ás 14:45 horas. Podes consultar toda a información en https://www.badminton.es/sport/league/draw?ide=FCB5EADC-3D33-40DC-BE62-EC5F026FA833&draw=19
Este evento é patrocinado pola Federación Española de Bádminton e o Concello de Nigrán e conta co apoio do Consello Superior de Deportes, a Deputación de Pontevedra, Xunta de Galicia e Asociación Escola Rosalía de Castro e das firmas privadas da Federación Española de Bádminton O Corte Inglés, Iberdrola, Loterías e Apostas do Estado e Yonex.

Comparte este artigo