HomeVigoO PorriñoNoemí Fernández, gañadora do "Tes Talento?"

Noemí Fernández, gañadora do “Tes Talento?”

- Anuncio -spot_img

• Iker Faure e Lucía Samoelle fixéronse co segundo e terceiro posto respectivamente

• Na categoría infantil resultou gañador Xavi Arós que interpretou o coñecido tema “SloMo”

A porriñesa Noemí Fernández alzouse onte co primeiro premio desta edición do concurso musical Tes Talento?: 500 euros e a grabación dun tema.

O xurado deu como gañadora a esta moza tras unha interpretación maxistral do tema de Dreamgirls, “One night only”. “Todas as voces que escoitamos eran marabillosas, pero a de Noemí preponderaba sobre as demais e emocionounos a todos nas súas dúas intervencións”, destacou o voceiro do xurado, Carlos Tresandí.

O segundo posto foi para o mosense Iker Faure, que conquistou ao público e xurado cun tema da súa autoría “Hasta que tú quieras” e o terceiro para a porriñesa Lucía Samoelle e a súa persoal interpretación de “La despedida”.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, foi o encargado de entregar os galardóns e aproveitou para dar a noraboa “a todos e todas as participantes que demostrastes que sen dúbida algunha aquí hai talento” e destacou “a boa acollida que teñen iniciativas como este concurso musical e todas aquelas actividades culturais que se propoñen, mostra de que O Porriño e a súa veciñanza ten unha enorme inquedanza cultural e, dende o Concello o respaldaremos”.
En total foron 12 os artistas que disputaron a final tras clasificarse nas dúas semifinais celebradas. O xurado, formado por Carlos Tresandí, Bienvenido Estévez, Carla Lourdes, Miriam Rodríguez e Felix da Silva, destacou a calidade artística de todas as propostas.
Xavi Arós, gañador do concurso infantil
Na modalidade infantil o gañador foi Xavi Arós, que se impuxo ao resto dos participantes coa súa interpretación do tema “SloMo”. En segudo lugar un grupo formado por Antón Pedreira, Fabio Ocampo, Javier Muíños e Mateo Pallares, os Generación M, que brillaron con “Miña Terra Galega”. Por último, Nora Rivas ocupou o terceiro posto tras interpretar “The one that got away”.

Publicacións Relacionadas