Home Deputacións Deputación Pontevedra Nova achega do IDAE á Deputación para renovar o alumeado público da...

Nova achega do IDAE á Deputación para renovar o alumeado público da provincia e lograr unha maior eficiencia enerxética

- Anuncio -

Meaño, Meis e Vilanova de Arousa recibirán unha axuda de preto de 275.000 € para substituír as actuais luminarias exteriores por luces LED de última xeración

En 2020 xa foron 24 os concellos da provincia que se beneficiaron das subvencións concedidas polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía de España

O Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía de España (IDAE) vén de conceder unha nova subvención de 274.855,56 € revalidando así o modelo de desenvolvemento urbano sostible da Deputación de Pontevedra. En concreto, trátase dunha axuda grazas á cal os concellos de Meaño, Meis e Vilanova de Arousa poderán substituír as actuais luminarias exteriores por luces LED de última xeración, co fin de lograr unha maior eficiencia enerxética.

Actuacións
En concreto, estes concellos poderán cambiar un total de 232 luminarias por outras máis respectuosas co medio ambiente e cunha eficiencia máis elevada. Ademais, actuarase sobre os cadros de mando existentes, de tal maneira que se instalará un sistema de control e regulación. Desta forma, a luz poderá axustarse segundo os diferentes horarios nocturnos e as necesidades concretas de cada tipo de vía. No concello de Meaño, cun investimento de 100.525,35 €, dos que 80.420,28 € están subvencionados polo IDAE, procederanse a substituír 139 dos 2.260 puntos de luz que existen por luminarias LED. Estas poderán ser programadas para adaptar o fluxo lumínico en dez cadros de mandos. Ademais, reformaranse 5 dos 181 cadros demando existentes e os cableados e posta a terra que se atopan en mal estado. Estas actuacións farán que a potencia pase dos 15 aos 5 kW, conseguindo un aforro enerxético do 66%.

O concello de Meis, por outra banda, contará con 72.145,50 € do IDAE dos 90.1818.88 necesarios para substituír un total de 28 puntos de luz localizados nos campos de fútbol de Mosteiro e Zancade, ademais de engadirse oito novos para cumprir coa normativa vixente, todos eles LED de última xeración. Esta actuación permitirá diminuír a potencia, pasando de 64 a 27 KW, conseguindo así un aforro enerxético do 57%.

Por último, no concello de Vilanova de Arousa, o IDAE subvencionará 122.289,78 € dos 152.862,23 necesarios para substituír os 65 puntos de luz instalados nos campos de fútbol de Pontearnelas, Corón e Terrón. Eliminaranse, ademais, catro dos puntos de luz xa existentes e que non son necesarios para cumprir coa normativa vixente. Por outra banda, actuarase nos tres cadros de mando existentes para engadirlles un sistema de control e regulación para axustar a luz os diferentes horarios nocturnos e necesidades. Pasarase desta maneira dos 84 aos 49 kW de consumo, o que suporá un aforro enerxético do 41%.

En total, as actuacións que se levarán a cabo nos tres municipios suporán unha diminución da potencia de 164 a 81 kW, cun aforro enerxético aproximado xeral do 53%. A axuda que o IDAE outorga á Deputación para a renovación das luminarias está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Sostible 2014-2020. En concreto, enmárcase no Obxectivo 4 do mesmo, é dicir, o que se centra na economía baixa en carbono. Con estes, xa son preto de 30 os concellos que ven mellorada a súa eficiencia enerxética grazas a estas axudas. En total, o IDAE aportou subvencións por preto de 8,5 millóns de euros a proxectos de máis de 50 municipios da provincia que buscan favorecer o paso a unha economía baixa en carbono

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

A Deputación e o GDR Limia Arnoia asinan un convenio de colaboración para a...

0
O presidente provincial, Luis Menor; e o presidente do GDR Limia Arnoia, Gumersindo Lamas Alvar, asinaron o documento polo que a Deputación cede sete...

Luis Menor e o conselleiro de Cultura poñen en valor a cooperación institucional na...

0
José López Campos fixo a súa primeira visita institucional a Ourense e foi recibido polo presidente provincial na actividade da Asociación Provincial de Libreiros...

Luis Menor agradece a Daniel Minimalia que peche a súa xira musical “Terra” na...

0
O presidente provincial reuniuse hoxe no Pazo Provincial co artista ourensán que ofrecerá un concerto este venres, 26 de abril, no Teatro Principal para...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

Publicacións Relacionadas