HomeVigoMosNova edición das ‘Mico Escolas’ nos centros educativos de Mos

Nova edición das ‘Mico Escolas’ nos centros educativos de Mos

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mos vén de poñer en marcha unha nova edición das ‘Mico Escolas’ nos centros educativos do municipio, unha iniciativa dentro do programa das XXI Xornadas Forestais e Micolóxicas de Mos e que leva a cabo nos centros educativos a empresa MycoGalicia Plantae.

Esta mañá celebrouse a primeira actividade no CEIP Mestre Martínez Alonso, onde o alumnado de 5º de Primaria participou nun obradoiro práctico sobre o cultivo de cogomelos. A sesión, de carácter interactivo, permitiulles coñecer o ciclo biolóxico dos fungos, aprender as técnicas básicas de cultivo e elaborar a súa propia paca de micelio para observar o crecemento ata a obtención dos cogomelos.

A programación continuará proximamente no IES de Mos, coa participación de 92 estudantes de 1º da ESO, distribuídos en catro grupos. Nesta ocasión, realizarase unha saída polo monte anexo ao centro para descubrir e identificar diferentes especies fúngicas, coñecer as súas características e aprender a distinguir entre cogomelos comestibles e tóxicos.

As ‘Mico Escolas’ nos centros educativos de Mos teñen como obxectivo achegar o mundo da micoloxía á comunidade escolar, promovendo o respecto pola natureza e a posta en valor do monte galego como recurso educativo e medioambiental.

Publicacións Relacionadas