HomePontevedraA ParadantaNova edición do III Certame Fotográfico "Arbo, Vila dá Lamprea LXIII Festa...

Nova edición do III Certame Fotográfico “Arbo, Vila dá Lamprea LXIII Festa dá Lamprea”

- Anuncio -spot_img

• O Concello de Arbo convoca a terceira edición do certame de fotografía “Arbo Vila dá Lamprea “LXIII Festa dá Lamprea”, para dar a coñecer os recursos turísticos que este municipio pode ofrecer, así como a Festa da Lamprea, declarada de interese turístico nacional no ano 2016, que este ano esta prevista para os días 28, 29 e 30 de abril de 2023.

• O prazo límite de presentación é o 9 de abril e a votación será desde o 10 de abril ata o 13 de abril a as14:30 horas.

• Para máis información pódese consultar a páxina web da Festa da Lamprea www.festadalamprea.gal

Dado éxito alcanzado nas dúas primeiras edicións, desde o Concello de Arbo, promovemos novamente o Certame Fotográfico “Arbo, Vila da Lamprea – LXIII Festa da Lamprea”, para seguir dando a coñecer os recursos turísticos que este municipio pode ofrecer, así como a Festa da Lamprea, declarada de interese turístico nacional no ano 2016.

O obxectivo do concurso non é outro que premiar as mellores instantáneas, as máis espectaculares e orixinais realizadas por calquera persoa en calquera punto deste concello.

Poderán participar neste certame fotográfico todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, sempre que os seus traballos axústense ás bases do mesmo e sexan orixinais.
O alcalde de Arbo, Horacio Gil, explicou ”Este concurso enmarcado dentro das actividades de promoción da Festa da Lamprea, pretende atraer visitantes ao noso municipio e que coñezan os atractivos turísticos que ofrece, e que sexan os propios visitantes os que conten a través do seu obxectivo a súa experiencia.”

A imaxe turística creada para a venda dun destino e difundida a través de diversos medios constitúe o primeiro lazo de unión entre os destinos e os seus potenciais turistas, o que tamén axuda ao Concello de Arbo, a ampliar o seu arquivo de fotografía para ser usada nas redes sociais e nas campañas de promoción.

Tema

As fotografías deben estar realizadas nalgún punto do termo municipal de Arbo, con plena liberdade para editalas como prefiran os e as concursantes. A temática é libre, sempre que estea vinculada directamente cos valores turísticos, patrimoniais, naturais, socioculturais, ambientais….. de Arbo

Premios

Os premios consistenten en paquetes turísticos con durmida en casas de turismo rural, comida en restaurantes de Arbo, practica de deporte de aventura nas empresas de lecer de Arbo, visita a adegas e lotes de viños das adegas de Arbo.

O prazo límite de presentación é o 9 de abril e a votación será desde o 10 de abril ata o 13 de abril a as14:30 horas.

Publicacións Relacionadas