Nova reunión informativa polo rexeitamento á nova A52 en Mos

adminON
Lectura mínima de 3

Nesta ocasión o encontro tivo lugar no Pazo de Mos dirixido ás parroquias de Louredo e Mos.

A próxima semana estes encontros informativos serán para as parroquias de Torroso, Guizán, Dornelas e Cela completando todas as parroquias do municipio.

Hoxe celebrouse no Pazo de Mos unha nova sesión informativa sobre a afección do novo trazado da A52, proposto polo Ministerio de Transportes e Mobilidade do Goberno de España ao seu paso polo Concello de Mos.

Na mesma se reiterou que o Concello de Mos pon a disposición da veciñanza os recursos técnicos, humanos e materiais necesarios na tarefa de ofrecer información á veciñanza sobre as afeccións do trazado e colaboración para presentación de alegacións.

Tamén se insistiu no recordatorio, que na páxina web do Concello de Mos, www.mos.es, está a disposición pública toda a información e documentación sobre o proxecto do novo trazado da A52: Modelo de Alegacións, Plano de Trazado, Plano de Ocupacións e Proxecto Completo.

Unha gran afección a Mos.

Alomenos estarían afectadas un total de 8 traídas de augas, así coma 100 edificacións, máis de 18.000 metros de solos industriais e o desenrolo de 5 solos urbanos en todo o territorio mosense.

Coordinación institucional e cidadá para defender o municipio.

Dende o pasado 18 de decembro que saíu a exposición pública esta proposta para unha nova autovía, se foron dando pasos para ofrecer a máxima forza e unión posible en torno ao rexeitamento da mesma.

Neste sentido, tanto na Comisión de Seguimento constituída o pasado 13 de xaneiro, coma nestas reunións periódicas para ofrecer información ás 10 parroquias, están presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, membros do goberno local, representantes do BNG que xunto co Partido Popular defenden esta causa, técnicos municipais e representantes da plataforma DefendeMos (reactivada de novo para esta motivo) e representantes dos colectivos sociais afectados.

A petición Xeral de Mos pasa, en primeiro lugar, pola liberación da peaxe da AP9 no Porriño, como solución inmediata e moito menos lesiva co territorio mosense. Esta é unha autoestrada “ociosa” polo seu mínimo volume de tráfico. Ademais de denunciar que o proxecto contén deficiencias moi significativas ao ter o estudo de alternativas incompleto, por non ter en conta, entre outras cousas, a retirada da peaxe citada, adáptase por completo ao PXOM Vigués, aínda pendente de aprobación, sen ter en consideración o de Mos, aprobado en 2017.

Comparte este artigo