Home Tabeirós A Estrada Nove accidentes en seis anos, con dúas persoas mortas, na N-640 ao...

Nove accidentes en seis anos, con dúas persoas mortas, na N-640 ao seu paso pola Estrada

- Anuncio -

Xoán Reices: “creo que xa vai sendo hora de que quen ten competencias en seguranza vial na N-640 tome medidas”

O BNG da Estrada realiza unha recompilación de todos os atropelos que houbo na N-640 ao seu paso pola Estrada desde 2019 e envíalla ao ministro de transportes, Óscar Puente.

Segundo explicou o concelleiro do BNG, Xoán Reices, “creo que xa vai sendo hora de que quen ten competencias en seguranza vial na N-640 tome medidas, xa que non é normal que desde 2019 houbera 9 atropelos nesta vía, 2 deles con resultado de morte”.

“Non é primeira vez que levamos ao Congreso a alta sinistralidade que hai na N-640 ao seu paso pola Estrada, e en concreto ao seu paso pola vila”, explica Reices, “de momento con pouco éxito, temos que dicilo, mais seguiremos insistindo porque esta situación é insostíbel”. “Nove accidentes en seis anos, con dúas persoas mortas”, engade, “é motivo abondo para que o ministerio tomara medidas, que non só pasan pola construción da Variante, que nós cremos clave para desconxestionar o tráfico e reducir así o volume de tráfico que pasa pola vila”.

O concelleiro do BNG explicou que farán chegar a recompilación de accidentes na N-640 no noso concello a través de dúas vías. “Por unha banda, enviarémoslla oficialmente a través dos representantes no Congreso e no Senado, Néstor Rego e Carme da Silva, respectivamente; mais tamén lle faremos chegar a lista de accidentes directamente a Óscar Puente, ministro de transportes, a través de Twitter; xa que é tan activo nesta rede social, entre zasca e zasca ao mellor ten un intre para ocuparse das cousas que importan aos veciños e veciñas da Estrada”.

O concelleiro do BNG, Xoán Reices, tamén destacou que “non é normal o papel morno que está tendo o alcalde ante esta situación; debería ter un papel máis activo, e non só de espectador impasíbel, para reclamar ao ministerio medidas para acabar cos accidentes na N-640 ao seu paso pola Estrada”.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas