HomeBaixo MiñoA GuardaNovo concerto de Meigallo no porto da Guarda para rematar o día

Novo concerto de Meigallo no porto da Guarda para rematar o día

- Anuncio -spot_img
  • O dúo actuará na rúa do Porto a partir das 21:00h

A rúa do Porto será o escenario dun novo concerto de Meigallo na Guarda. Este xoves 14 de agosto poderemos escoitalos a partir das 21:00h para desfrutar da véspera do festivo entre amizades e música.

Meighalho foi fundado en 2023 por Guillermo Núñez Rivera e Xosé Stewart. Desde entón, a banda buscou explorar novas sonoridades, combinando elementos da música tradicional con composicións orixinais que reflicten a diversidade cultural do seu entorno.

O grupo combina unha ampla variedade de influencias musicais, incluíndo a música celta, galaica, latina, jazz e rock, utilizando unha variedade de instrumentos, como cunchas, pandeiretas, tamboriles, guitarras e percusión. Este enfoque ecléctico deu lugar a un estilo distintivo que denominaron “Trazz”, o cal reflicte o seu compromiso coa innovación e a reinterpretación de tradicións musicais ancestrais.

Publicacións Relacionadas