Home Pontevedra NP Redondela ofrece por primeira vez un ciclo de Saúde e Benestar

NP Redondela ofrece por primeira vez un ciclo de Saúde e Benestar

- Anuncio -

O ciclo gratuito xa ten a inscrición aberta. Comeza o 10 de febreiro e terá unha duración de 4 meses cunha oferta ampla con distintas charlas e obradoiros.

O Concello de Redondela presenta, a través da Concellería de Servizos Sociais e Terceira Idade dirixido por Iria Vilaboa, “Cultívate, Ciclo de Saúde e Benestar”, unha actividade de balde que se desenvolverá do 10 de febreiro ao 6 de maio.

A acaldesa, Digna Rivas, resalta que “esta é a primeira vez que se fai un ciclo desta índole, enfocado a distintas xeracións. O obxectivo deste goberno é primar o benestar dos veciños e veciñas dende un enfoque multidisciplinar, onde se toquen varios temas de interese. Estes obradoiros pretenden ofrecer ferramentas á veciñanza que poidan usar no seu día a día”.

Co lema “Súmate á vida saudable… Coídate por dentro e por fóra!” ofrécense charlas sobre alimentación saudable, pero tamén de expresión corporal e escritura creativa coa intención de usar o poder desta de forma terapéutica. En definitiva, un ciclo para cultivar a mente e o corpo. Todos os obradoiros trabállanse en grupo, invitado á dinámicas e impulsando a participación activa e o movemento.

Os profesionais implicados no ciclo son Jaime Juncal, diplomado en nutrición humana e dietética, Nutricionista no Sergas e formado en Terapia Gestalt; Santi Jiménez, artista plástico licenciado en Belas artes; Isabel Mouso, mestra especialista en Educación Musical, musicoterapia e escritura expresiva; Marisé Barreiro, filóloga, escritora e gestalista especializada en escritura expresiva.

A rexidora local quixo dar as gracias a Jaime Juncal “por organizar este programa tan completo e variado, tocando temas de actualidade e que preocupan de verdade á veciñanza. Este ciclo pode ter un impacto moi positivo nas vidas dos redondeláns”.

As charlas, pensadas para idades comprendidas entre os 18 e os 99 anos, non teñen aforo e non precisan iscrición previa. Con todo, os obradoiros si precisan de inscrición previa a través do número 986 40 28 65 ou de forma presencial no Multiúsos da Xunqueira e estarán limitados a un máximo de 20 persoas por sesión.

CALENDARIO

O día 10 de febreiro ás 19:30 horas no auditorio da xunqueira Jaime Juncal imparte unha Charla sobre alimentación saudable: “Mellora a túa alimentación de xeito sinxelo”. O 24 de febreiro á mesma hora Juncal volve ao Auditorio da Xunqueira para dar unha charla sobre á industria alimentaria, analizando o contexto actual e ofrecendo recoendacións para unha esta da compra saudable.

Santi Jiménez comeza o 11 de marzo no Multiusos da Xunqueira ás 10:00 horas presentando “Un xesto sentido, obradoiro de creatividade”, enfocado a persoas sa partir dos 16 anos.

O 25 de marzo estará Iasbel Mouzo no Multiúsos da Xunqueira ás 10:00 horas co obradoiro “Escóitate,… ME…, NOS! para falar da nevesidade de ferrmentes de cohesión e expresión colectiva para conectar co propio, co alleo e co que nos rodea.

O 1 de abril ás 10:00 horas no Multiúsos da Xunqueira Marisé Barro ofrece un obradoiro sobre escritura terapéutica chamado “Cadernos máxicos, o poder transformador da escritura terapéutica”, aventurándose na escritura persoal e autobiográfica e para persoas de 16 a 99 anos.

O 15 de abril chega o momento de centrarse no corpo. Isabel Mouzo e Jaime Juncal presentan o obradoiro “Movemento e expresión corporal” no que se ensina sobre o movemento corporal como vía de autocoñecemento, pracer e enerxetización.

O obradoiro de “Comida e ansiedade! impartido por Jaime Juncal terá unha duración de dous días, sábados 29 de abril e o 6 de maio, ambos ás 10:00 da mañá. Nel, non se pretende entrar nos trastornos psicolóxicos senón o uso que facemos da comida como vía de escape ante ansiedade xeralizada. Este obradoiro divídese en dúas partes, polo que a segunda é para as persoas que fixeran a primeira.

Relacionadas

Redondela celebra o Día Mundial da Auga cun documental sobre as traídas veciñais

0
Este venres, 22 de marzo, celébrase o Día Mundial da Auga. Redondela conmemora esta data coa proxección do documental “A auga que trouxeron”, organizada...

Luis López destaca o apoio ao Campionato de Europa de Ciclocrós como exemplo da...

0
Reunión co presidente da Unión Europea de Ciclismo O mandatario provincial escoitou as necesidades formuladas polo presidente da entidade europea, Enrico della Casa, e amosou...

A Coral de Arbo ofrece un concerto adicado aos amigos

0
O vindeiro 24 de marzo o Auditorio do Centro Multiusos de Arbo acolle o Concerto de Primavera adicado aos amigos da CoralO Concerto que...

Tomiño, nova parada do autobús do teatro

0
O Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario poñendo un servizo gratuíto de bus o vindeiro 15 de maio ara ver a súa...

Xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei

0
O Consorcio Augas do Louro e Aqualia celebran o Día Mundial da Auga cunha xornada de portas abertas na EDAR de Guillarei. O Consorcio de...

Alumnado do curso de Mestría en Compostaxe realizou prácticas en Tui

0
Coñeceron o Plan Municipal de Compostaxe e os traballos tanto nos composteiros individuais coma nos comunitario Alumnado do curso de Mestría en Compostaxe Nivel 3...

Publicacións Relacionadas