- O galardón recoñece o traballo de López Presedo «25N – O Padroado de Protección á Muller», do seu podcast. A alcaldesa, Digna Rivas, sinalou que esta institución franquista “foi unha ferramenta de control, castigo e silencio, e sacar á luz estas historias é un exercicio de xornalismo imprescindible”.
- A cerimonia, celebrada na Oficina de Turismo coa asistencia de alumnado e profesorado do IES Mendiño, serviu para afondar no silencio institucional, os traballos forzados, as torturas e o roubo de bebés nos centros dependentes do Padroado.
O Concello entregou este mediodía do VI Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista á xornalista Nuria López Presedo. O galardón recoñece o episodio «25N – O Padroado de Protección á Muller», integrado no espazo sonoro A ferida aberta no 36. O acto, celebrado na Oficina de Turismo, contou coa participación de alumnado e profesorado do IES Mendiño.
A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, destacou a importancia de consolidar un certame que naceu da man da familia de Sesé Mateo para promover un xornalismo rigoroso e respectuoso coas vítimas e as súas familias, que fuxa de sensacionalismos. Pola súa banda, Joshua Mateo, fillo de Sesé Mateo, agradeceu o compromiso do Concello e das profesionais da comunicación por manter vivo o legado de loita e xustiza social da súa nai.
A entrega do premio contou cun un emotivo faladoiro protagonizado pola propia Nuria López, a historiadora e investigadora Belén López Cillero (colaboradora no podcast) e Silvia Fernández, viúva de Eva García, vítima do Padroado e recoñecida polo Goberno como vítima do franquismo. As tres afondaron na realidade do Padroado e na represión exercida contra nenas e mulleres baixo a ditadura e os primeiros anos da democracia. Salientaron o silencio imposto arredor do que acontecía no interior dos centros, onde se produciron graves vulneracións dos dereitos humanos, traballos forzados, torturas e o roubo de bebés. A presenza do estudantado do IES Mendiño permitiu tender unha ponte xeracional imprescindible “para que as novas xeracións coñezan esta parte da historia recente”.
Rescatar ás vítimasdo silencio : un exercicio de xornalismo imprescindible.
A alcaldesa , Digna Rivas, sinalou que o traballo premiado pon o foco en nenas e mulleres que foron doblemente vítimas da represión franquista. “Mulleres que non só padeceron a ditadura polo feito de ser demócratas, roxas ou familiares de represaliados, senón que sufriron unha violencia específica, moral e institucional polo simple feito de seren mulleres. O Padroado de Protección á Muller foi unha ferramenta de control, castigo e silencio que operou durante décadas, mesmo xa entrada a democracia, e sacar á luz estas historias é un exercicio de xornalismo imprescindible”. Neste sentido, a rexedora reivindicou o papel das mulleres na historia de Redondela, cun recoñecemento expreso ás «madriñas» que arriscaron a súa seguridade para axudar aos presos de San Simón. Sinalou que a Memoria Democrática é unha ferramenta necesaria para combater os discursos negacionistas.

