- Esta carreira, destinada aos nados con anterioridade ao 2012, terá lugar o domingo 29 de marzo. O seu percorrido será dende o Castelo de Soutomaior ata o Peirao de Arcade.
- Esta tarde ábrense as inscricións, de balde, a partir das 16:00h. en https://7ksoutomaior.ccnorte.com/
- Dende o concello tamén presentaron nesta xornada a Carreira Infantil da Ostra que terá lugar ese mesmo 29 de marzo no Peirao a partir das 12:00h.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e a técnica de Deportes, Raquel Villaverde presentaron nesta xornada a primeira edición da carreira 7K Soutomaior e a carreira infantil da Ostra. Dúas citas que se celebrarán o domingo 29 de marzo.
A 7K Soutomaior celebrarase o 29 de marzo en horario de 11:00 a 12:00h. (aprox.). A saída será dende o Castelo de Soutomaior e a chegada ao Peirao de Arcade, onde, a partir desta hora, das 12:00h collerán o relevo as pequenas e pequenos do concello e contorna coa Carreira Infantil da Ostra.
Para a 7K Soutomaior poderán inscribirse, de balde, dende as 16:00h desta tarde en https://7ksoutomaior.ccnorte.com/ .Unha cita que contará coas categorías femininas e masculinas de: Master A (39-49 anos) Master B (50-60 anos) Master C ( >61 años), Sénior, Sub 20, Sub18, Sub 16.
As inscricións estará abertas ata o 25 de marzo deste ano e, dende a organización, establecen un máximo de 300 participantes. Haberá premios, masculinos e femininos, aos tres primeiros na categoría xeral absoluta (entregaráselle un trofeo e de premio económico 300 ao 1º posto, 200 ao 2º posto e 100 euros ao 3º posto), premios tamén ás e aos tres primeiros clasificados por categoría, segundo o indicado no presente regulamento, e tamén premio aos tres primeiros corredores locais empadroados no concello de Soutomaior (recibirán o premio económico 100 ao 1º posto, 75 ao 2º posto e 50 euros ao 3º posto). Agasallarase cunha camiseta técnica conmemorativa a todos os participantes.
Servizo as persoas participantes na 7K Soutomaior
A organización habilitará un servizo de lanzadeiras o día 29 de marzo de 2026 desde a zona de meta, situada na Área de lecer do Peirao de Arcade, ata a zona de saída, situada no Castelo de Soutomaior.
O servizo estará operativo nos seguintes horarios: 9:00 horas, 9:30 horas e 10:00 horas e deberá ser solicitado no momento da inscrición.
O uso da lanzadeira será gratuíto e estará destinado exclusivamente aos participantes rexistrados na proba, quedando excluídos acompañantes ou outras persoas non acreditadas.
A organización disporá do servizo de gardarroupa na zona de saída, situada no Castelo de Soutomaior. As bolsas serán trasladadas e recollidas posteriormente na zona de meta, na Área de lecer do Peirao de Arcade.
Dende o concello convidan á veciñanza e a todas as persoas ás que lle gusten correr que participen nesta actividade.
Carreira infantil da Ostra
Unha xornada onde teremos actividades para os mozos e mozas e persoas adultas e tamén para os e as peques cunha nova edición da Carreira Infatil da Ostra que collerán o relevo na zona do Peirao unha vez que a 7K finalice. O obxectivo principal desta cita é a celebración da Festa da Ostra a través dunha proba deportiva valorando sobre todo a compoñente social e participativa, representada con premios a todas e todos os participantes.
As inscricións para esta carreira serán tamén de balde e estará abertas dende o 9 ata o 22 de marzo.
Trátase dunha carreira que ten como obxectivo a participación, non é competitiva, independentemente do nivel de rendemento acadado. Todo os participantes recibiron o mesmo agasallo como recoñecemento o seu esforzo.
Unha carreira organizada polo concello de Soutomaior e que conta coa colaboración e participación da Deputación de Pontevedra, da Consellería do Mar, e a colaboración tamén de Abanca e CaixaBank, e que está cofinanciada polos fondos da Unión Europea.
Ademais, é a terceira edición na que se realiza unha carreira inclusiva, que responde á oportunidade de participación conxunta de persoas con e sen discapacidade, adaptándose ás posibilidades de cada quen. O percorrido realizase co acompañamento de persoas familiares ou amigas e con persoas voluntarias. Tamén é o terceiro ano que
se fai unha carreira adaptada porque se adecúa a proba ás necesidades de cada persoa. Deste xeito, a persoa participante con diversidade funcional con necesidades especiais, realizará un percorrido exclusivo de aproximadamente 150 metros. Unhas medidas incluídas dentro do programa “Soutomaior Inclusivo”.
Os primeiros en arrancar esta carreira da Ostra será a Carreira Inclusiva cun percorrido de 150 metros, a continuación foron as máis pequenas e pequenos da casa os Biberón B que correron acompañadas e a acompañados unha distancia de 50 metros, seguidos dos Biberóns A pequenas e pequenos que correron xa sós una distancia de 150 metros, Premenxamíns 300 metros, Benxamíns 400 metros, Alevíns 500 metros e a categoría de Infantís, os últimos en saír, percorreron 600 metros.
Nesta edición tamén falamos dunha carreira solidaria, xa que se proporciona visibilidade e posibilidade de colaborar coa Asociación Anedia (Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia).
Recollida de dorsais
As e os participantes na 7K Soutomaior o día da proba, o 29 de marzo , no Castelo de Soutomaior en horario de 9:00 ata as 10:40h.
Para a Carreira Infantil da Ostra do 23 ao 27 de marzo en horario de 16:30 a 21:30h no pavillón e o propio día da carreira, o 29/03, en horario de 10:00 a 11:00h. na Caseta do Peirao.



