HomePontevedraO alcalde Abel Caballero visita as instalacións da Aula Universitaria da UNED...

O alcalde Abel Caballero visita as instalacións da Aula Universitaria da UNED en Vigo no 10º aniversario da súa apertura dentro da conmemoración do 50º aniversarop da súa presenza na provincia

- Anuncio -spot_img

Foi recibido polo director do Campus Noroeste da UNED e participou nun programa de radio sobre os servizos formativos que ofrece a Universidade a Distancia ao alumnado de Vigo e de toda España.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou esta mañá as instalacións da aula Universitaria da UNED na cidade olívica con motivo do 10º aniversario da apertura deste centro universitario no municipio e os cincuenta anos de presenza na provincia. Ademais, aproveitou a súa estancia para participar nun programa monográfico de radio sobre estas efemérides emitido pola Cadea COPE.

Abel Caballero foi recibido polo director do Campus Noroeste da UNED, Víctor M. González Sánchez, e o seu equipo directivo entre os que se atopaban o subdirector de Asuntos Económicos, Alfonso Vázquez, o coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais, Rafael Cotelo, a coordianadora académica, Beatriz Arjona e o responsable de novas tecnoloxías, Francisco Abuín.

Caballero visitou parte das amplas estancias da aula Universitaria da UNED de Vigo, que ocupan a cuarta e quinta plantas do edificio que alberga tamén ao Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo, e destacou a importancia que a Universidade a Distancia ten para a cidade. “Empeñeime durante moitos anos en que a UNED viñese para Vigo e establecésese nun lugar digno e céntrico da cidade. É un centro educativo que complementa a oferta universitaria que temos porque permite, polo seu sistema de ensino, que moita xente que está a traballar poida alternar esa circunstancia co estudo e obter a titulación suficiente que lle permita ascender e progresar na súa carreira laboral”, indicou o rexedor de Vigo.

Pola súa banda, o director da UNED agradeceu a visita do alcalde e puxo en valor “a aposta que desde o Concello fíxose no seu día e faise na actualidade para asinar un convenio que permite que unhas 5.000 persoas fagan uso destas instalacións e da aula Universitaria da UNED na cidade favorecendo o seu uso e formación. Tamén funciona moi ben a UNED Sénior que en Vigo ten un dos espazos de referencia”, sinalou Víctor M. González.

A ANÉCDOA DO FOTOCOL E A “V” DE VIGO

O rexedor non quixo abandonar as instalacións da aula Universitaria de Vigo sen facerse unha fotografía diante do “fotocol” feito a partir dunhas ás xigantes e que está a levantar moito interese nas redes sociais ao ser compartidas infinidade de fotografías por parte do alumnado que acode a estas instalacións e ás existentes no resto da provincia. Abel Caballero non se puido resistir a realizar unha broma sobre a forma das ás e sinalou que “me gustan moito porque a unión das dúas ás forman a “V” de Vigo, naturalmente”.

Pola súa banda, o coordinador de Extensión Universitaria e Actividades Culturais e promotor desta existosa iniciativa de márketing universitario, Rafael Cotelo Pazos, agradeceu o xesto ao alcalde e animouno a pousar diante do “fotocol” #cuestión que fixo de inmediato e mesmo volveu chancear sobre a posibilidade de incluír a instantánea en “Be Real”, unha das novas e modernas redes sociais de moda entre a mocidade da que confesou ser usuario.

Publicacións Relacionadas