Home A Paradanta A Cañiza O alcalde da Cañiza solicita cobrar máis de oito mil euros en...

O alcalde da Cañiza solicita cobrar máis de oito mil euros en xullo, con cargo a paga extra de decembro

- Anuncio -

● Luís Piña recibirá no mesmo mes o equivalente a tres nóminas, “unha cifra afastada da realidade dos nosos veciños”


● Miguel Domínguez detallou a parálise xeneralizada na que se atopa A Cañiza, con especial atención a construción do circuíto de alta velocidade

Durante o Pleno Municipal celebrado no día de onte na Cañiza, púxose de manifesto que a Tenente de Alcalde do PSOE, María José Rodríguez, asinou o 22 de xullo unha resolución na que se lle concede a Luís Piña un anticipo de 2.700€, con cargo á paga extra do mes de decembro de 2022. No mesmo mes o alcalde percibiu a paga extra de xullo, outros 2.700€, a nómina correspondente, e o referido anticipo, superando os 8.000€.

“A realidade dos nosos veciños non pode estar máis afastada desta solicitude, que pouco ten que ver cas demandas e peticións da cidadanía. Nun momento de tal crise económica e de necesidade social non creemos oportuno que o alcalde faga este tipo de peticións”, declarou Cristian Gómez Mariño, que se estreaba como concelleiro.

O edil pediulle ao alcalde que lle facilitase o informe de intervención que fiscaliza este anticipo, “xa que os membros das corporacións locais teñen a obriga de cumprir con Hacienda e coa Seguridade Social, pero en ningún caso, os seus cargos teñen a consideración de relación laboral para pedir este tipo de anticipos”.

Luís Piña esquivou a pregunta do Concelleiro Popular, Ismael Giráldez, relacionada coa devolución de 61.612,24 € que ten que facer o Concello da subvención concedida para a posta en marcha do GES, que a día de hoxe segue sen estar en funcionamento, argumentando procesos xudiciais en marcha pero a realidade e que A Cañiza e o único GES que non está en funcionamento.

“Pedímoslle un camión á Xunta de Galicia para atender as emerxencias da Comarca, entregáronnos o camión, concedéronlle ao Concello una subvención para facilitar a posta en marcha da unidade, e Piña non só non foi capaz a día de hoxe de polo en marcha, senón que ademais ten que devolver os cartos”.

Por outra banda, Miguel Domínguez na súa intervención fixo referencia ás “reiteradas escusas que Piña segue poñendo despois de máis de tres anos á fronte do consistorio, para xustificar a súa parálise e incapacidade para xestionar os asuntos municipais: Paralización do polígono do Antigo Mercado do Gando, do Parque Comercial e Empresarial do Vieiro, a utilización da casa rehabilitada pola Xunta en Petán destinada a aluguer social, o Secadoiro de Xamóns, así coma para engordar o gasto da obra do PumpTrack que en Vilanova de Arousa a fixeron por 50.000€ e que el pretende facer por mais de 270.000€”.

O portavoz do Parido Popular, tamén lle pediu a Luís Piña, sen obter resposta algunha, que explicase en que fase se atopaba a construción do circuíto de alta velocidade para as probas do coche autónomo, que David Regades e o propio alcalde, afirmaron que se ía a levar a cabo na Cañiza. “Desde o noso grupo acollemos esta iniciativa con ilusión, aínda que con bastante escepticismo, tendo en conta de quen viña, pero tememos que todo fora outra manobra de Piña para enganar aos veciños, tal e como fixo durante a campaña electoral prometendo empresas para o polígono e postos de traballo polos que a xente segue esperando desde hai máis de tres anos”.

Relacionadas

Luis López anima os escolares do Froébel a descubrir “os segredos que agochan os...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, amosa o apoio do goberno provincial á cultura e ao sector da literatura nun...

O proxecto de mellora da estrada Mos-Puxeiros á altura de Dornelas acometerase de xeito...

0
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, o tenente de alcaldesa e concelleiro de Obra Pública, Camilo Grandal, e a edil da parroquia de Dornelas, Sara...

Luis López anima os escolares do Froébel a descubrir “os segredos que agochan os...

0
O presidente provincial, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, amosa o apoio do goberno provincial á cultura e ao sector da literatura nun...

O PP de Tomiño solicita o incremento das axudas municipais para actividades sociais, culturais...

0
-Os populares lamentan que o executivo do BNG leve catro anos coas achegas estancadas tras diminuír a partida orzamentaria nun 10% en 2021 e...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, visita o Concello de Mos para analizar...

0
Entre outras cuestións, a deputada analizou coa alcaldesa da vila, Nidia Arévalo, o proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na EP-2601...

A Deputación concede 35.000 euros ao Concello de Lalín para instalar sistemas de marcadores...

0
Estes recursos súmanse aos case 70.000 € que xa recibiu Lalín ao abeiro do Plan de Infraestruturas Deportivas para actuacións en diferentes equipamentos O Plan...

Publicacións Relacionadas