HomeBaixo MiñoA GuardaO alcalde da Guarda aposta polo deporte co fin do Gran Camiño...

O alcalde da Guarda aposta polo deporte co fin do Gran Camiño na nosa vila

- Anuncio -spot_img
  • A última etapa dará comezo no concello das Neves e rematará na Guarda

Esta mañá presentouse a etapa final da proba ciclista O Gran Camiño, que terá o seu gran final na Guarda.

Este ano, O Gran Camiño será do 14 ao 18 de abril tras arrancar en Portugal e percorrer o resto de provincias galegas; para na última xornada comezar no concello das Neves e rematar na Guarda.

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, asegura que “este é un exemplo claro da aposta polo deporte na nosa vila”, sobre todo, “nunha proba que combina deporte, historia, patrimonio e paisaxe”.

O gañador dun Tour de Francia, Óscar Pereiro, destacou que “hai unha gran afección e práctica do ciclismo na Guarda, que se pode ver cada fin de semana”. Ademais, o director do Gran Camiño, Ezequiel Mosquera, confesou que “non houbo dúbida ao elixir un substituto a Santiago como fin de etapa, xa que A Guarda encaixa como concello con carga simbólica e histórica”.

O acto tamén contou coa presenza dos concelleiros Aser Estévez e Celso Fariñas, asi como do alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, e do presidente e e vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luis López e Luisa Sánchez.

Publicacións Relacionadas