- A reunión serviu para afianzar a colaboración do Concello coa Igrexa en actos relixiosos e laicos
A semana pasada o alcalde Roberto Carrero reuniuse con Don Juan Luis Martínez Diz, ao novo prior da irmandade El Clamor, parte do padroado de Santa Trega e novo párroco da Guarda.
Con esta visita institucional, quixeron afianzar a colaboración do Concello da Guarda coa Igrexa en numerosos actos durante o ano, tantos relixiosos como laicos. Ademais, puxéronse ao día da situación actual do padroado do Monte Santa Trega.
“A nosa intención é afianzar as actividades laicas na igrexa parroquial como concertos”, afirma o alcalde, “ademais de continuar coa colaboración para as celebracións relixiosas que marcan o calendario dos guardeses: a Semana Santa, a Virxe do Carme ou Santa Trega, entre outras”.
Don Juan Luis mostrouse agradecido ante “a boa acollida por parte de toda a veciñanza guardesa” e tamén agradeceu ao alcalde por facilitar a acollida durante os primeiros meses na nosa vila.



