HomeBaixo MiñoA GuardaO alcalde da Guarda visita ‘A máis bonita’ tras a súa reapertura...

O alcalde da Guarda visita ‘A máis bonita’ tras a súa reapertura coa nova xerencia

- Anuncio -spot_img
  • O local destaca pola súa terraza con vistas ao porto, á vila e ao monte Santa Trega

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.

A principios deste ano, “A máis bonita”, un dos bares localizados no paseo marítimo, reabría coa nova xerencia de María Castro.

Nesta nova etapa do local destaca a temática relaxada e relacionada co surf e o mar, onde claramente resalta a terraza con vistas ao porto e ao resto da vila e monte Santa Trega. Neste senso, a nova xerencia xa pensa en melloras para potenciar esta terraza.

Roberto Carrero felicitouna por “sacar o mellor partido a un local cun gran potencial e darlle unha nova oportunidade a este negocio”.

“A máis bonita” ofrece desde as 7:00h almorzos e despois unha carta con tortillas, táboas, pizzas, perritos…Ademais María destaca o “bo ambiente” coa organización tamén de aniversarios ou pequenas celebracións.

Moita sorte a A máis bonita nesta nova etapa!

Publicacións Relacionadas