HomeBaixo MiñoA GuardaO alcalde da Guarda visita ‘Terraverde Vinoteca’ tras a súa reapertura coa...

O alcalde da Guarda visita ‘Terraverde Vinoteca’ tras a súa reapertura coa nova xerencia

- Anuncio -spot_img
  • O local aposta pola calidade e produto de orixe apoiando a D.O. Rías Baixas

O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, continúa coa campaña de promoción dos novos establecementos da Guarda mediante visitas e difusión das súas actividades, dando o seu apoio aos emprendedores.

No día de onte, o alcalde visitou Terraverde Vinoteca, coa súa nova xerencia que aposta pola calidade e o produto de orixe, apoiando a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Desde Terraverde Vinoteca cren que “respaldar Rías Baixas é defender o traballos dos nosos viticultores, a excelencia dos nosos viños e a identidade da nosa terra”.

O alcalde afirmou que “o impulso destas iniciativas non só promoven o comercio local, senón que tamén poñen en valor as nosas denominacións de orixe, fortalecendo a economía e a cultura vitivinícola da rexión”.

Moita sorte a Terraverde Vinoteca nesta nova etapa!

Publicacións Relacionadas