Perfecto Rodríguez e David Carrera buscarán financiamento para humanizar e facer un aproveitamento sostible do espazo
O alcalde da Lama, David Carrera, e o xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez Muíños, mantiveron unha xuntanza de traballo para estudiar a necesidade de elaborar un proxecto e atopar financiamento para mellorar o entorno do Centro de Día que entrará en funcionamento nos vindeiros meses e que precisa dunha actuación neste sentido.
Perfecto Rodríguez visitou as instalacións do Centro de Día da Lama, que se atopa xa dotado de equipamento para poder entrar en funcionamento próximamente, e coincidiu co alcalde na necesidade de darlle unha solución aos problemas de humanización e mellora dos baixos e do entorno deste edificio que resulta moi luminoso e funcional.
Así, o alcalde e o xerente do Consorcio comprometéronse a estudiar varias posibilidades que permitan dar unha mellor imaxe do entorno así como a dotación de elementos que contribuian a ofrecer maiores servizos para usuarios e persoas maiores que se acheguen ata alí.
O CENTRO DE DÍA, EN PROCESO DE ADXUDICACIÓN
O Centro de Día da Lama ten a obra civil rematada e tamén está dotado de mobiliario e elementos de habitabilidade para entrar en servizo de inmediato, pendente de rematar o proceso de adxudicación da súa xestión externa. En principio estas instalacións darán servizo a 20 usuarios diurnos e 6 en atención residencial e foron construídas por iniciativa do Concello da Lama cun investimento da Xunta duns 230.000 euros.