O alcalde das Neves, Jose Manuel Alfonso, lidera o fortalecemento dos lazos internacionais coa comunidade de Suire Atlantique en Francia

adminON
Lectura mínima de 3

Nun esforzo continuo por estreitar os  lazos culturais e fortalecer as relacións internacionais, o alcalde das Neves,  José Manuel Alfonso, encabezou unha delegación da localidade nunha serie  de visitas e intercambios con concellos franceses pertencentes á comunidade  de Suire Atlantique. Este proxecto, que comezou en 2002, foi unha iniciativa  promovida por Emilio Castro, quen entón era o alcalde das Neves, en  colaboración con Inés García, unha veciña que residía en Francia. 

A idea de irmandamento xurdiu co obxectivo de buscar un pobo en Francia co  que as Neves puidese establecer vínculos sólidos. Gracias aos contactos  establecidos a través do consulado, as Neves irmandouse inicialmente cos  concellos de Legé, Touvois e Corcoué sur Logne, todos eles integrados na  Communauté de Communes Sud Retz Atlantique. En agosto de 2003, unha  delegación francesa de aproximadamente 50 persoas visitou as Neves para  formalizar o irmandamento, sendo recibidos e aloxados en casas de familias  locais. 

Ao ano seguinte, en 2004, un grupo de 30 a 40 veciños das Neves viaxou a  Francia para asinar a carta de irmandamento en chan francés. Dende entón,  cada dous anos realizáronse intercambios entre ambos pobos, alternando a  visita entre as Neves e Francia, e sempre co obxectivo de promover  intercambios culturais, de asociacións, xuvenís, musicais e empresariais. 

Recentemente, baixo a nova directiva presidida por Ana María González  Álvarez, quen asumiu o cargo este ano, a asociación Amigos do Loira Atlántica  Meridional continuou con esta tradición. O ano pasado, a asociación estaba  presidida por Belén, quen foi sucedida por Ana María e a súa nova directiva.  Nesta última visita, inaugurouse unha rúa en Legé que leva o nome de “As  Neves”, nunha cerimonia protocolaria presidida polo alcalde de Legé, Thierry  Grassineau. A delegación das Neves, encabezada polo seu alcalde, Jose  Manuel Alfonso, e outros representantes locais, tamén aproveitou a visita  para realizar actividades turísticas en Burdeos e en diversas rexións de  España, como Álava e León, durante a súa viaxe de regreso en autobús.Esta iniciativa segue consolidándose como unha ponte de unión entre as  comunidades das Neves e Suire Atlantique, promovendo o entendemento  mutuo e o intercambio cultural entre España e Francia.

Comparte este artigo