O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e a concelleira de turismo, Sheila Martíns González, participaron esta mañá no acto de presentación da nova campaña da Deputación de Pontevedra e de Turismo Rías Baixas

adminON
Lectura mínima de 1

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e a concelleira de turismo, Sheila Martíns González, participaron esta mañá no acto de presentación da nova campaña da Deputación de Pontevedra e de Turismo Rías Baixas para conquistar a Feira Internacional de Turismo, Fitur, que se celebrará a súa edición de 2024 a próxima semana en Madrid e na que o Concello de Baiona estará presente.

A auga, que tanto distingue as Rías Baixas entre as que se atopan as augas baionesas, será un elemento moi presente :

A auga das nosas Rías
dos nosos ríos
das fontes termais
a que rega as camelias
a aliada da nosa gastronomía

A artífice de infinitas experiencias “100% Rías Baixas” e a protagonista da campaña da Deputación de Pontevedra para FITUR 2024.

Desde o departamento de Turismo de Baiona do Concello de Baiona está a traballarse intensamente o proxectos de presentación que levarán a FITUR 2024 para promocionar a oferta turística e recursos de Baiona.

Comparte este artigo