Sara Penedo deixará oficialmente o seu cargo no vindeiro pleno do 28 de outubro, substituíndoa na súa carteira Roberto Garrido (ata agora edil de Cultura) e dando paso a Ladislao Alonso, número 12 da lista e quen xa fora concelleiro no anterior mandato
“Estamos moi agradecidos co traballo desenvolvido por Sara Penedo, a nosa benxamina e quen sempre amosou un talante exemplar”, valora o rexedor, quen engadirá Cultura as súas responsabilidades
O alcalde de Nigrán, Juan González, reorganizará o goberno local tras comunicar a edil de Deportes, Sara Penedo, que, por asuntos persoais, deixará a súa acta no vindeiro pleno ordinario do martes 28 de outubro. O troco fundamental na nova distribución de competencias será que Roberto Garrido, ata agora concelleiro de Cultura e Desenvolvemento Sostible, pasará este primeiro apartado ao propio rexedor, mentras que a cambio asumirá Deportes. Ademáis, a renuncia de Penedo suporá que volva a entrar na corporación Ladislado Alonso ‘Fino’, número 12 da lista do PSOE e quen foi concelleiro de Relacións Veciñais, Medio Rural e Actividades Marítimas no mandato 2019-2023.
“Estamos moi agradecidos co traballo desenvolvido por Sara Penedo, a nosa benxamina do equipo e quen sempre amosou un talante exemplar, a botaremos moitos de menos e así llo transmitín persoalmente”, valora o alcalde en referencia a esta veciña de Panxón de 29 anos licenciada en Ciencias do Deporte e neta de Alfonso Vázquez, concelleiro veterano responsable de Sanidade, Abastos, Mercados e Turismo Social. “Sara deixa unha carteira en pleno funcionamento, coa finalización dun surftrack en Patos, un pump-track en construción en Nigrán, novas probas pioneiras como o trail feminino ‘Asaltamontes’ en Monteferro, ou o concurso de ideas listo para construír un espazo deportivo inclusivo en Porto do Molle, polo que Roberto Garrido, atleta vocacional, só terá que continuar o que xa está en marcha”, sinala González, quen recorda que a responsabilidade de ‘Desenvolvemento Sostible’ coa que Roberto Garrido continuará implica o programa Vía-Bici, “moi aliñado coa noca faceta”.
Pola súa banda, a chegada de ‘Fino’ Alonso á corporación como concelleiro conlevará que o rexedor lle entregue as competencias de Participación Cidadá que Bibiana Peixoto compaxinaba con Asuntos Sociais, e Relacións Veciñais, cuestión ata agora da edil Cristina Dosil xunto a Xuventude, Festexos Populares e Comercio. A estas dúas responsabilidade sumará Medio Rural, apartado que xa manexara no anterior mandato. “Fino xa ten experiencia nestes eidos e , ao mesmo tempo, quitará carga de traballo as súas compañeiras en pro dun mellor reparto”, considera González, quen pola contra asume Cultura como novidade xunto a Turismo, Economía e Facenda.
Pola súa banda, o resto do goberno local continúa sen cambios, co primeiro teniente de Alcalde, Rubén Rial, como concelleiro de Vías e Obras, Servizos Urbanos, Seguridade e Contratación; Diego García, segundo teniente de Alcalde, con Urbanismo, Medio Ambiente, Recursos Humanos, Vivenda e Xestión Municipal; Estela Pérez, con Educación, Emprego e Accesibilidade; María Mayán, con Terceira Idade; Patricia Diego, con Igualdade e Voluntariado; e, finalmente, Alfonso Vázquez, con Sanidade, Abastos, Mercados e Turismo Social.



