Unha decena de policías da Interpol membros desta ONG realizou unha visita institucional ao Concello acompañados de Silvia Fominaya, a súa madriña en España
O alcalde de Nigrán, Juan González, acompañado do edil de Seguridade, Rubén Rial, e o Oficial da Policía Local, Teodoro de la Peña, recibiron no Concello este mediodía a unha delegación internacional da ONG ‘Moto for Peace’, composta por policías da Interpol de 20 países e a súa madriña en España, a modelo e actriz Silvia Fominaya. Os nove representantes desta caravana de moteiros procedentes de España (Barcelona), Italia e Turquía, fan parada esta noite en Nigrán como parte da misión “Camino de Europa – Xacobeo 2022”, que partíu de Roma o 20 de maio e finalizará mañá na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela con máis de 200 integrantes alí concentrados tras percorrer máis de 6.000 km por toda Europa.
A comitiva de Nigrán aproveitou a súa parada no municipio para probar unhas bicicletas eléctricas de auga pola tarde en Praia América.
“MotoforPeace”, nacida en Italia, leva vinte anos en activo e está formado por membros dos Corpos de Policía apaixonados polas motos, co obxectivo de levar a cabo proxectos humanitarios, concienciando á cidadanía a través de viaxes en moto por todo o mundo.