HomeVigoNigránO alcalde de Nigrán recibe ao subdelegado do Goberno par adetallarlle o...

O alcalde de Nigrán recibe ao subdelegado do Goberno par adetallarlle o Proxecto Europeo do Val Miñor “La Ciudad de los 15 min”

- Anuncio -spot_img

O proxecto dos tres concellos, financiado desde a Deputación, recibirá4’2 millóns de euros de fondos europeos FEDER e o investimento total será de 7,2 millóns

“É moi ilusionante porque transformará a comunicación do Val Miñor, mellorando a calidade de vida da veciñanza e contribuíndo á desaceleración das emisións”, explica o alcalde de Nigrán e presidente actual da Mancomunidade

O investimento traducirase nunha ampliación dos carrís-bici que interconectan o Val Miñor, a posibilidade de alugar bicicletas eléctricas ou a posta en marcha de infraestruturas culturais vertebradoras

O alcalde de Nigrán e actual presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Juan González, recibiu este mediodía ao subdelegado de Goberno de Pontevedra, Abel Losada, para explicarlle polo miúdo o proxecto recén aprobado ‘La ciudad de los 15 minutos’, que intercomunica aos tres concellos e que ven de obter a aprobación de fondos europeos. Á reunión acudiu tamén o rexedor de Gondomar, Francisco Ferreira, e o de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, non puido asistir dada a coincidencia cun Pleno municipal.

Concretamente, este proxecto redactado co financiamento da Deputación de Pontevedra e aprobado polo Ministerio de Hacienda, recibirá 4’2 millóns de euros de fondos FEDER 2021-2027 para ‘Plans de actuación integrados’, o que significa un 60% do investimento previsto entre os concellos de Nigrán, Baiona e Gondomar (7,2 millóns en total). Neste sentido, Losada aplaudiu a decisión do Goberno de España de abrir este plan aos municipios de menos de 20.000 habitantes, permitindo a súa presentación a través de Áreas Funcionais formadas por agrupacións de varios concellos que totalizasen un mínimo de 10.000 habitantes.

“O obxectivo final é favorecer a conectividade ao longo do eixo marítimo-fluvial tomando como punto neurálxico do territorio o núcleo da Ramallosa”, resume González, quen incide que o seguinte paso será axustar o proxecto ao orzamento obtido, xa que o investimento previsto era de 10 millóns de euros e finalmente serán 7,2. “É moi ilusionante porque transformará a comunicación do Val Miñor, mellorando a calidade de vida da veciñanza e contribuíndo á desaceleración das emisións”, engade González, quen tamén como presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade destaca como nun contexto de crise climática, “estas iniciativas encádranse nas políticas que desde o local se deben adoptar para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible”.

Así, as medidas concretas contempladas para aumentar a interconexión dos tres concellos de xeito sostible son, por unha banda o incremento das redes ciclistas e peonís amables, seguras e de calidade en todo o arco do litoral e de xeito transversal ao río Miñor e, por outra, a dotación dun sistema de alugueiro de bicicletas eléctricas, incrementando así a conectividade entre os nodos do territorio segundo o modelo da ‘cidade dos 15 minutos’. “O proxecto aprobado incluíu equipamento cultural vertebrador en cada localidade, e desde Nigrán elixiuse a transformación dos cines do centro comercial A Ramallosa nun gran auditorio, cun orzamento previsto de 500.000 €”, explicou o rexedor.

Así, en Nigrán o desenvolvemento de ‘La Ciudad de los 15 minutos’ suporá a creación dun carril-bici entre Panxón e A Ramallosa que conecte co de Baiona e Gondomar ou unha senda ciclopeonil entre o río Muíños, Porto do Molle e Praia América. Ademais, incluíuse a humanización da Avenida de Castelao segundo o proxecto gañador de ‘Rodríguez y Rivoira Arquitectos’ no primeiro concurso de ideas con xurado convocado na Historia do Concello e que contempla dotar á vía dun carril-bici.

Publicacións Relacionadas