Home Vigo Nigrán O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a...

O alcalde de Nigrán recomenda ao deputado popular José Luis Ferro a lectura do seu libroa ‘Aillados. A memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón’

- Anuncio -

Juan González, rexedor de Nigrán e historiador experto na Guerra Civil, ten documentado xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá fusilamentos e centos de mortes por fame, frío e as pésimas condicións dos presos

Cuestionar a realidade de San Simón é un insulto ás vítimas e as súas familias e un atentado contra a memoria histórica, o presidente da Xunta ten que tomar cartas neste asunto. O propio feito de matar de fame é un crime contra a humanidade”, explica

 O alcalde de Nigrán, Juan González, historiador experto na Guerra Civil e coautor do libro e documental ‘Aillados. A memoria dos presos de 1936 na Illa de San Simón’ (1995) xunto a Antonio Caeiro e Clara de Saá, enviará un exemplar ao deputado ourensán do PP José Luis Ferro que ven de negar as mortes neste campo de concentración.

 “Cuestionar a realidade de San Simón é un insulto ás vítimas e as súas familias e un atentado contra a memoria histórica, o presidente da Xunta ten que tomar cartas neste asunto. O propio feito de matar de fame é un crime contra a humanidade, así o recoñece a ONU. Como mínimo sabemos de 9 asturiáns fusilados (consérvanse as marcas das balas nas tapias) e foron centos os que morreron de inanición, frío ou por absoluta desatención. Está máis que documentado”, explica González, quen iniciou no 1992 un traballo de investigación que permanece activo, recurrindo inicialmente aos arquivos das prisións de Vigo e Pontevedra e entrevistando aos superviventes e as súas familias, cos que chegou a gravar un documental que incluíu á visita á illa xunto con ducias deles 50 anos despois. “Hai milleiros de papeis oficiais que o proban, ademáis de testemuñas. Non se pode permitir este negacionismo e menos dun deputado. San Simón foi un campo de concentración no que se cometeron crimes de guerra”, finaliza.

Relacionadas

O Rosal inaugura a Oficina da Enerxía para liderar a transición enerxética no municipio

0
O acto inaugural será o vindeiro martes 21 de xaneiro ás 20.00 h no Salón de exposicións do Concello O Rosal segue a dar pasos...

A camelia protagonista esta fin de semana en Tui

0
Setenta e cinco expositores galegos, portugueses e asturianos presentarán no Claustro da Catedral acollerá máis de 125 metros cadrados dedicados a esta flor O Claustro...

Mos avanza nas reunións veciñais cun rexeitamento rotundo á nova A52 noutra sesión informativa...

0
Tras as reunións coas parroquias de Sanguiñeda, Petelos e Tameiga, hoxe celebrouse unha nova xuntanza con Pereiras. Existe previsión de ampliar nos días 22, 27...

Digna Rivas: “Ao negar a represión franquista en San Simón o PP actúa como...

0
Para a rexedora redondelá, as declaracións do deputado popular José Luis Ferro o único que fan é “branquear o franquismo, actuando como cómplice da...

O BNG esixe melloras urxentes en dúas estradas municipais en mal estado

0
Davinia Lojo reclama ao Concello de Marín actuacións inmediatas en Macenlle-A Moreira e Arealonga para garantir a seguridade viaria e mellorar a mobilidade da...

O Porriño contará cunha Sala Lúdica Municipal permanente e con novas instalacións para o...

0
O novo local, situado na contorna do Centro de Saúde e o Pavillón Municipal, foi adquirido recentemente polo Concello por un importe de 169.183,79...

Publicacións Relacionadas