HomePontevedraCaldasO alcalde de Pontecesures acompaña na súa peregrinación a Santiago aos participantes...

O alcalde de Pontecesures acompaña na súa peregrinación a Santiago aos participantes na xornada organizada por Turislab

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, acompañou ás persoas participantes na xornada organizada pola Aceleradora de Proxectos Turísticos da Xunta, Turislab, nunha peregrinación a Santiago de Compostela que tivo lugar este sábado 29 de outubro. Se a xornada técnica celebrada o venres en Padrón estivo centrada na importancia do Xacobeo e o Camiño de Santiago, as persoas participantes puideron tamén compartir unha experiencia de peregrinación.

Juan Manuel Vidal partiu coa expedición dende o veciño concello de Valga e acompañounos durante 10 quilómetros ata Padrón. Un tramo do Camiño durante o que puxo de manifesto a importancia do Camiño para a economía local e onde aproveitou tamén para poñer en valor o patrimonio de Pontecesures, dende a ponte construída no século I e a igrexa de San Xulián de Requeixo ata o fito xacobeo.

Publicacións Relacionadas