HomePontevedraCaldasO alcalde de Portas entrevístase con Fernando Martínez e consensúan unha reunión...

O alcalde de Portas entrevístase con Fernando Martínez e consensúan unha reunión de traballo coa arquitecta municipal co fin de analizar polo miudo súa situación

- Anuncio -spot_img

Ricardo Martínez mantén aberto o diálogo con este veciño aínda que lembra que “a lei e a normativa é igual para todo o mundo e hai que cumprila

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, mantivo unha xuntanza esta mañá con Fernando Martínez Piñeiro, un veciño de Parada que asegura vai iniciar unha folga de fame ante o Concello, co fin de escoitar os seus argumentos e desde o diálogo intentar adoptar unha solución á súa situación “sempre desde o respecto á lei e á normativa que é igual para todo o mundo e hai que cumprila”, indicou o rexedor.

Froito dese diálogo e da boa disposición por parte do Concello, Ricardo Martínez e Fernando Martínez quedaron emprazados para este xoves, 18 de maio (mañá é festivo, Día das Letras Galegas) coa intención de analizar coa arquitecta municipal o expediente que obra no Concello sobre a súa vivenda e as obras alí realizadas co fin de poder subsanar, pola súa parte, calquera irregularidade que poida acollerse á normativa vixente.

Ricardo Martínez reiterou a vontade dialogante do Concello con este e con calquera veciño e trasladoulle a Fernando Martínez a súa máxima disposición a resolver calquera problema que se poida plantexar, pero sempre desde a legalidade e o respecto sen ceder a presións externas que se poidan adoptar xa que “temos que aplicar a lei e a normativa a todo o mundo por igual e non hai excepcións porque se adopten medidas unilaterais que en nada axudan a resolver o problema”.

O alcalde reclamou aos funcionarios os expedientes relacionados coa vivenda de Parada coa intención de que na xuntanza do xoves se poidan analizar, entre a técnica municipal e o veciño, todas as circunstancias que concurren neste tema co fin de que se poña sobre a mesa toda a información e a situación na que se atopa a tramitación destes expedientes.

Publicacións Relacionadas