HomePontevedraCaldasO alcalde de Portas inspecciona o remate final de dous camiños na...

O alcalde de Portas inspecciona o remate final de dous camiños na Rapeira e Currás incluidos nunha subvención do Plan Marco da Xunta e as axudas da Unión Europea

- Anuncio -spot_img

Ricardo Martínez destacou a importancia de vertebrar as vías de comunicación do concello con este investimento de casi 45.000 euros

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, supervisou a finalización das obras realizadas pola Xunta de Galicia, dentro do Plan Marco e que conta con subvencións da Unión Europea, que permitiu realizar unha mellora en profundidade do pavimento en dous camiños situados na Rapeira e Currás cun investimento total de preto de 45.000 euros.

A Xunta destinou a estas actuacións de mellora e acondicionamento de camiños rurais un importe de 37.188,63 euros que permitirán un mellor acceso ao tráfico rodado e vertebra dunha mellor maneira a comunicación interior no concello de Portas.

Ricardo Martínez aproveitou a súa estancia para supervisar o resultado final das obras para intercambiar pareceres cos veciños da zona e coa intención se seguir traballando para mellora-los servizos e axeitar os espazos públicos ás necesidades da veciñanza polo que estudiará varias propostas que lle fixeron nese sentido no camiño da Rapeira.

Martínez destacou a importancia destas axudas da Xunta para poder mellorar a accesibilidade en camiños de ámbito rural que dan servizo a explotación agrarias ao mesmo tempo que son unha vía de comunicación esencial para o acceso a vivendas e para permitir un mellor enlace entre os núcleos rurais e a capitalidade do municipio.

O rexedor agradeceu á Xunta o esforzo investidor neste sentido e salientou que parte dos recursos que veñen da Unión Europea se destinen a mellora-los servizos e a vertebrar o mundo rural en concellos como Portas.

Publicacións Relacionadas