HomePontevedraCaldasO alcalde de Portas supervisa a reparación da rede de sumidoiros frente...

O alcalde de Portas supervisa a reparación da rede de sumidoiros frente ao complexo da Azucreira

- Anuncio -spot_img

Operarios municipais substituíron a tubaxe do vello sistema de alcantarillado para dotalo dunha mellora que resolva os problemas recurrentes detectados na zona

O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, supervisou o remate das traballos levados a cabo por operarios municipais para substituir a vella tubaxe da rede de sumidoiros da zona ubicada fronte ao complexo da Azucreira que estaba a provocar continuas avarías e problemas ás vivendas alí situadas.

Ricardo Martínez decidiu dar orde á brigada municipal de obras de levantar as vellas conducións do alcantarillado que estaban a provocar continuas avarías e problemas ás vivendas ás que tiña que presetar o servizo e colocar novas conducións de material máis moderno e axeitado para favorecer a canalización das augas fecais e augas negras para o seu tratamento e depuración.

Os traballos que están a levar a cabo os operarios municipais rematan coa colocación de beirarrúas na zona afectada que ronda os 30 metros que foi necesario levantar para acometer as obras de substitución e subasanación da rede de sumidoiros.

O alcalde, Ricardo Martínez, manifestou que “era unha actuación necesaria xa que as tubaxes alí existentes eran xa vellas e estaban obsoletas con continuas avarías e problemas. Agora mellorouse a caída, colocáronse tubos de PVC máis axeitados para a función que se precisa e pensamos que con esta actuación daremos unha solución definitiva aos continuos incidentes que se producían”, sinalou o rexidor.

Publicacións Relacionadas