Investíronse 22.386 euros en levantar un muro de contención e realizar un peche perimetral na zona de xogos e no parque biosaludable
O alcalde de Portas, Ricardo Martínez, supervisou o remate das obras de mellora realizadas no parque infantil de Mondoiro, na parroquia de Lantaño, onde se investiron 22.386 euros en levantar un muro de contención e realizar o peche perimetral da zona de xogos e do parque biosaludable.
Esta actuación realizada polo Concello de Portas contou coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos o que permitiu que se poidera levantar un gran muro de contención en perpiaño para garantir a seguridade do espazo de xogos e o parque biosaludable que é usado habitualmente pola veciñanza.
Ricardo Martínez cualificou como “unha obra que quedou moi ben e que tivo a súa complicación porque houbo que levantar un muro de grandes dimesións para suxetar todo o terreo nun espazo especialmente usado pola veciñanza xa que conviven tanto os cativos no parque infantil como a xente maior no parque biosaludable. Así as persoas maiores poden ter conta dos nenos e nenas ao tempo que fan exercicio nun espazo especialmente habilitado para elo”.
O parque infantil de Mondoiro, en Lantaño atópase nun lugar estratéxico, xunto á pista polideportiva recentemente reformada e modernizada polo Concello coa colaboración económica da Xunta de Galicia, e a Escola Infantil de Lantaño que tamén utiliza este espazo de lecer para os cativos que están alí matriculados.