A delegada da Xunta en Vigo visitou esta mañá o concello de Soutomaior onde mantivo unha reunión co alcalde e co concelleiro de Interior. Manu Lourenzo destacou a boa sintonía e bo entendemento neste encontro onde se trataron temas clave para o concello como a transferencia de Xosé Solla e Roxelio Landeiro, a situación do IES de Soutomaior e da sanidade pública.
Ana Ortiz, delegada da Xunta en Vigo, visitou esta mañá o concello de Soutomaior onde se reuniu co alcalde, Manu Lourenzo, e co concelleiro de Interior, Diego Moreira.
Un encontro onde se abordaron temas clave para o concello tales como a problemática no IES de Soutomaior co proxecto de diversificacións curricular e o transporte para as mozas e mozos do concello e da contorna.
Ademais, outro dos que se puxo, unha vez máis, enriba da mesa é a situación da sanidade pública en Soutomaior. Manu Lourenzo volveu a solicitar as melloras que leva tempo reivindicando e son necesarias para o concello.
A transferencia de Xosé Solla e Roxelio Landeiro foi outro dos temas destacados deste encontro. Manu Lourenzo destacou a boa sintonía neste asunto que ten como fin levar adiante actuacións conxuntas estratéxicas para Soutomaior.
O alcalde de Soutomaior amosouse satisfeito “co bo entendemento que houbo nesta xornada entre as dúas administracións, un feito que é a mellor garantía para acadar grande obxectivos imprescindibles para mellorar o futuro de Soutomaior”.