O alcalde do Porriño visita as instalacións de Smurfit Westrock no polígono industrial da Granxa

adminON
Lectura mínima de 4

● A planta de Smurfit Westrock no Porriño conta cun cuadro de personal de 120 traballadores, a maioría deles do municipio

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou esta mañá as instalacións de Smurfit Westrock no Polígono Industrial de A Granxa, xunto a José Luis Casals, General Manager da empresa. Esta planta de producción, que ocupa unha superficie de máis de 18.000 m², dos cales case 11.000 m² están construídos, é un dos referentes clave da industria no Porriño.

Smurfit Westrock é unha empresa global líder en solucións de embalaxe sostible, con presenza en 40 países e máis de 500 centros de conversión de embalaxes, ademais de 62 fábricas de papel en todo o mundo. A planta do Porriño, que produce anualmente ao redor de 140 millóns de caixas, especialízase no deseño e fabricación de solucións de embalaxe de cartón corrugado e outros produtos innovadores como os expositores para puntos de venda e as embalaxes Bag-in-Box®. En liña co seu compromiso coa economía circular, Smurfit Westrock utiliza materiais renovables, reciclables e reciclados na produción das súas solucións.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou durante a súa visita a relevancia de contar cunha empresa da magnitude de Smurfit Westrock no municipio: “É unha honra para nós contar con Smurfit Westrock como un referente industrial no Porriño. Esta planta non só é un dos motores económico, senón tamén un exemplo de como as grandes empresas poden estar comprometidas coa sustentabilidade e a economía circular. O emprego que xera, sobre todo para as persoas da nosa localidade e a súa área, é fundamental para seguir desenvolvendo o tecido produtivo da nosa zona”.
A planta de Smurfit Westrock en Porriño é un exemplo de estabilidade laboral na industria. Cun persoal de 120 traballadores directos e un 30% de persoal flotante, a empresa conta cun 36% dos seus traballadores con case 30 anos de antigüidade, o que reflicte a solidez e o compromiso da compañía cos seus empregados. A maioría dos traballadores son do Porriño e os seus arredores, o que subliña a importancia da planta como promotor de emprego.
José Luis Casals, General Manager de Smurfit Westrock en Porriño, expresou o compromiso da empresa coa comunidade local: “Desde a nosa planta de Porriño, non só buscamos xerar valor económico, senón tamén contribuír de maneira activa ás iniciativas solidarias da nosa rexión. Apoiamos eventos como a recente Carreira de Empresas Concello do Porriño e colaboramos na recollida solidaria de material para os afectados pola DANA en Valencia. Para nós, ser unha empresa responsable e comprometida coa contorna é fundamental”.
Sobre Smurfit Westrock
Smurfit Westrock é unha compañía global líder no mercado de solucións de embalaxe, comprometida coa sustentabilidade, a innovación e a economía circular. Con máis de 500 instalacións en todo o mundo, Smurfit Westrock ofrece unha ampla variedade de solucións de embalaxe de cartón corrugado, papel e outros produtos reciclables.
A empresa continúa apostando pola innovación e a sustentabilidade, cunha ampla carteira de solucións de embalaxe que buscan ofrecer valor engadido aos seus clientes, á vez que promoven o coidado do medio ambiente e o desenvolvemento sostible en todas as súas operacións.

Comparte este artigo