Home Pontevedra Campo Lameiro O alcalde e membros do comité organizador presentan a terceira Andaina Concello...

O alcalde e membros do comité organizador presentan a terceira Andaina Concello de Campo Lameiro a beneficio da Fundación Andrea

- Anuncio -

Celebrarase o 22 de setembro e realizarase sobre tres percorridos: un de 24 kms., outro de 14 kms. e un pequeño de 8 kms.

Por cuestións organizativas, nesta edición poderán participar, como máximo, un total de 600 persoas que deberán formular a súa inscrición ata o 12 de setembro.

O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa, e varios membros do Comité Organizador presentaron a “III Andaina Concello de Campo Lameiro”, que se celebrará o domingo 22 de setembro sobre tres trazados: un longo de 24 quilómetros, outro medio, de 14 quilómetros e un curto de 8 quilómetros. Por cuestións organizativas, este ano o máximo de participación permitida serán de 600 persoas que deberán formalizar a súa inscrición ata o 12 de setembro. Os participantes colaborarán tamén coa súa inscrición coa Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.

No acto de presentación, o alcalde Carlos Costa compareceu con varios membros do Comité Organizador entre os que estaban Mónica  Arza, Jesús García Ameijeiras e Paula Pazos, encargados de varios departamentos e cometidos dentro do complicado e laborioso proceso de organización desta actividade.

Así, esta proba pedestre non competitiva pretende promocionar tamén dos distintos lugares e paraxes marabillosas que conforman o patrimonio natural e medioambiental do concello de Campo Lameiro. A organización estableceu un percorrido circular con varios postos de avituallamento para facilitar que os participantes estean perfectamente atendidos ao longo de toda andaina. O primeiro deles estará ubicado nas Rozas.

Para incentivar a inscrición neste evento deportivo e turístico, a organización estableceu varios sorteos de produtos doados por establecementos comerciais da contorna, que cada vez son máis a colaborar con esta inicitiva. Os sorteos faranse entre todos os dorsais inscritos, que terán que abonar 10 euros por participar en concepto de seguros, etc. 5 euros de cada inscrición irán destinados íntegramente á Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais.

As inscricións deberán facilitarse a través da páxina web www.sportmaniacs.com  e so polo feito de participar os inscritos recibirán unha camisola de agasallo por parte da organización, que respectará as tallas aos primeiros 300 inscritos. Tamén habilitaranse senllas Apps para Android e IOs nos seguintes enderezos: 

APP SAUDETER LIVE:

ANDROID 

https://play.google.com/store/apps/details?id=com.sportmaniac_live_app_android.saudeter

IOS

https://apps.apple.com/es/app/saudeter/id1533790801

Ao remate deste evento turístico-deportivo a organización servirá un aperitivo a base de pinchos nos que haberá empanada, mexillóns e callos que poderán ser degustados e acompañados por bebidas refrescantes doadas polos establecementos colaboradores.

Segundo manifestou o alcalde de Campo Lameiro, “esta andaina solidaria e de promoción turístico-natural do noso concello estase a consolidar como unha cita obrigada o que nos dá unha grande satisfacción polo que representa esta iniciativa como elemento de dinamización do noso concello ao tempo que se recadan fondos para a Fundación Andrea de apoio a nenos e nenas con enfermidades de longa duración, crónicas e terminais”.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas