HomePontevedraCaldasO alcalde, Jacobo Pérez, asina cos Xunta de Gaicia o convenio para...

O alcalde, Jacobo Pérez, asina cos Xunta de Gaicia o convenio para a construción de ansiado novo Centro de Saúde de Caldas de Reis

- Anuncio -spot_img

O rexedor define a data de hoxe como “histórica” e salienta  que esta sinatura “supón un paso decisivo na mellora da  atención sanitaria, algo que merecen os nosos veciños e  veciñas, así como a poboración da comarca” 

Pérez comprométese a “traballar sen descanso” para  completar as xestións pertinentes e facilitar, deste xeito,  que a Xunta de Galicia axilice e non demore a construción  da infraestrutura, unha demanda histórica do pobo  caldense 

O alcalde de Caldas de Reis,  Jacobo Pérez, asinou este martes o convenio coa Consellería de  Sanidade, en Santiago de Compostela, para a construción do futuro  Centro de Saúde da vila. Pérez Gulín, que estivo acompañado do  tenente de alcalde e responsable de Sanidade, Manuel Fariña, falou de  “data histórica”, xa que “estamos a dar un paso decisivo para dotar ao noso municipio dunhas instalacións que son imprescindibles para  ofrecer o servizo sanitario de calidade que merecen non só os e as  caldenses, senón tamén a poboación de toda a comarca”. 

O feito de asinar este documento serve para culminar preto de dúas  décadas de traballo, tal e como lembrou o alcalde. “Foron 18 anos de  incontables xestións, reunións e negociacións. Logo de que se produce  algunha que outra espera, conseguimos por fin asinar este convenio,  un compromiso que Caldas de Reis precisaba e que hoxe se converte  nunha realidade”, engadiu. O líder do Goberno local quixo expresar o 

seu agradecemento a todas aquelas persoas que “traballaron e loitaron  durante todo este tempo para que o proxecto finalmente saia cara  adiante”. En primeiro lugar, puxo en valor o esforzo dos veciños e  veciñas, así como o dos e das profesionais sanitarias; asociacións  veciñais, os grupos políticos que apoiaron esta histórica reivindicación  e, sobre todo, “tamén quero agradecerllo a Juan Manuel Rey, quen  nunca deixou de esixir e pedir o que é xusto para Caldas de Reis  durante a súa etapa como alcalde”. 

Jacobo Pérez comprometeu o esforzo do Concello para “traballar sen  descanso” á hora de dar cumprimento coas obrigas que debe acometer  a Administración local para conseguir que a actuación sexa unha  realidade. A organización da parcela, a aplicación da bonificación do  imposto corresponente ou o mantemento dos espazos unha vez  rematada a obra son algunha das tarefas que asumirá Caldas de Reis,  tal e como reflicte o acordo. “Seremos o máis áxiles posibles para facilitar que a Xunta de Galicia leve a cabo a construción no menor  tempo posible e evitando calquera tipo de retraso”, garantiu. 

“Hoxe, Caldas reafirma o compromiso coa mellora dos servizos públicos  e co benestar da nosa xente e dende xa, seguiremos a traballar para  que a construción do centro de saúde se leve a cabo no espazo de  tempo máis curto posible e que, canto antes, poidamos inaugurar unhas  instalacións que estean á altura do que se merecen os nosos e as nosas  veciñas, ao tempo que seguimos a consolidar a nosa vila como a capital  e gran referente da contorna do Umia”, finalizou.

Publicacións Relacionadas