Home Pontevedra Caldas O alcalde José Cela anuncia que se contratarán nove persoas durante nove...

O alcalde José Cela anuncia que se contratarán nove persoas durante nove meses

- Anuncio -

Para participar na selección haberá que estar dado de alta na Oficina de Emprego de Caldas de Reis. O rexedor asegura que suporá “un alivio para as familias que máis o precisan e un compromiso que temos desde o Concello co fomento do emprego”.

O alcalde José Cela anunciou esta mañá que o Concello de Moraña, na súa liña de compromiso co emprego e a igualdade de oportunidades, contratará durante nove meses a nove persoas en modalidade de contrato de persoal temporal.

Estas contratacións servirán para cubrir os seguintes postos: 1 conductor, 1 conductor tractorista, 1oficial de primeira construción, 1 auxiliar de biblioteca, 1 peón transportista e 4 peones forestais. Os seleccionados iranse incorporando ao longo do mes de febreiro.

Cela lembra que para poder concurrir a esta selección de persoal “é imprescindible estar dado de alta como demandante de emprego na Oficina de Emprego de Caldas de Reis, polo que recomendo a todas as persoas que teñan interese en participar desta selección que vaian apuntarse, no caso de que aínda non estén”.

Para a contratación deste persoal, o Concello adicará 111.378 euros do Plan Concellos da Deputación e 47.000 euros de fondos propios municipais. Cela asegura que se trata “dunha moi boa oportunidade para ter unha experiencia laboral cerca da casa e que permita axudar a aqueles que máis o precisa”.

A estas 9 persoas que poderán traballar durante os próximos 9 meses, súmanse as 20 que son actualmente participantes do Obradoiro de Emprego que comparte a nosa vila con Valga, dentro das cales 10 son veciños e veciñas de Moraña. “Esta é outra gran iniciativa coa que fomentamos a formación e a experiencia para poder facilitar no futuro a todas estas persoas acadar un posto de traballo”.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas