Home Pontevedra Caldas O alcalde, José Cela, recibirá aos xogadores do F.C. Galicia de Suiza...

O alcalde, José Cela, recibirá aos xogadores do F.C. Galicia de Suiza antes do encontro que desputarán no Buelo co Moraña CF

- Anuncio -

O alcalde de Moraña, José Cela, recibirá o sábado ás 10.00 horas no Concello ao Fútbol
Club Galicia, o club de veteranos da cidade suiza de Berna, co motivo do encontro de
irmandade que organizou o noso Club de Fútbol de Moraña.

Este equipo está capitaneado polo veciño morañés Roi, que actualmente reside en Suiza.
Está previsto que a formación chegue en avión o día 18, para desputar o partido o 19 de
marzo no Buelo, ás 12.00 horas.

Antes, o alcalde recibirá aos xogadores no Salón de Plenos do Concello e darán un paseo
polo centro urbano de Moraña antes de ir ata o campo. Despois do partido, tamén haberá
unha comida de irmandade entre os dous conxuntos.

Entre os xogadores do F.C. Galicia, ademais de galegos, hai portugueses e dous italianos.
O alcalde asegurou que “aquí recibiremos esta irmandade cos brazos abertos e estamos
desexando poder ver un partido cheo de sentimento”. Cela quixo agradecer ao Moraña CF a
organización deste encontro e aproveitará o sábado para felicitar á plantilla pola súa
clasificación para a fase de ascenso a Preferente.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas