Home Pontevedra Caldas O alcalde, José Cela, visita as obras da Rúa 3, que avanzan...

O alcalde, José Cela, visita as obras da Rúa 3, que avanzan a moi bo ritmo

- Anuncio -

O alcalde José Cela e a arquitecta municipal realizaron esta mañá unha visita á Rúa 3 de
Santa Lucía para comprobar o avance das obras, que se están executando a moi bo ritmo.

Tal e como explicou o rexedor, este proxecto adxudicouse por un máis de 326.000 euros por parte da Xunta de Galicia e comportará o ancheamento das beirarrúas, no que é un treito estratéxico desta vía autonómica, coincidente con espazos públicos tan relevantes como a Casa do Concello, a biblioteca pública e a escola municipal de música, ademais de diferentes establecementos comerciais.

Estase actuando desde a intersección que dá acceso á Casa do Concello ata a chegar ao límite do casco urbano, onde as beirarrúas se atopan deterioradas debido ao esgotamento da vida útil do pavimento.

O proxecto abrangue as dúas marxes do que é a principal vía do municipio, renovando as beirarrúas, facéndoas accesibles e ampliando o seu ancho nun treito da marxe esquerda para facilitar o tránsito dos peóns.

Tamén está prevista a rehabilitación do firme dos carrís de circulación, o que favorecerá tamén o tránsito dos vehículos en boas condicións.
Nesta actuación aproveitarase para intervir nos servizos de abastecemento, saneamento e pluviais, impulsando unha importante mellora, ao construír unha liña exclusiva para canalizar a auga de chuvia e separala das fecais, dotando este treito dunha rede de saneamento separativa.

Ademais, renovarase a iluminación e procederase ao soterramento das liñas eléctricas e de telecomunicacións, executando un prisma para estes servizos.

A actuación completarase coa instalación de mobiliario urbano e axardinamento para humanizar este treito de travesía de PO-226, que constitúe o corazón do municipio e que vai gañar, con esta actuación, espazo público para o desfrute dos veciños.

Relacionadas

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Sandra Bastos asiste na Estrada ao faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas” centrado en...

0
A escritora estradense Avelina Valladares foi a protagonista, da man da xornalista e investigadora Laura Filloy, do cuarto faladoiro do programa “Aquí faltan páxinas”...

Luis López sinala as máis de 2.000 atencións a case 500 empresas do programa...

0
O presidente provincial foi o encargado de entregar un dos galardóns na décimo terceira Gala do Premio Joven Empresario e Iniciativa Empresarial organizada por...

O Concello de Redondela solicita á consellería do Medio Rural a xestión da biomasa

0
-O Concello de Redondela solicitou o pasado mes de marzo á Dirección Xeral de Defesa do Monte as inspeccións oportunas nas faixas secundarias de...

Récord de participación no X Trofeo de Baile Deportivo da Eurocidade

0
Celebrarase sábado e domingo no pavillón de deportes de Valença con máis de 400 persoas en competición en cada xornada. A Eurocidade confírmase coma...

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

0
A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX...

Publicacións Relacionadas