HomePontevedraA LamaO alcalde la Lama recepciona un novo camón 100% eléctrico que se...

O alcalde la Lama recepciona un novo camón 100% eléctrico que se destinará á instalación e xestión do contenedor marrón e o servizo municipal de recollida de lixo

- Anuncio -spot_img

Ten un custe de 138.424 euros financiados íntegramente pola Unión Europea e a Deputación de Pontevedra, sen custe para o Concello.

O alcalde da Lama, David Carrera, recibiu hoxe o novo camión eléctrico que se destinará á instalación e xestión do contedor marrón no marco do servizo municipal de recollida de residuos. Esta acción refórzase como un paso significativo na modernización e sustentabilidade dos servizos públicos municipais.

Este novo vehículo eléctrico conta cunha autonomía aproximada de 280 quilómetros e preséntase cunha configuración modulable que lle permite o intercambio da parte posterior para adaptarse, se fose necesario, cunha plataforma enreixada para o transporte de contedores. Deste xeito, o camión gaña en versatilidade e pode responder a distintas necesidades operativas da rede de recollida do municipio.

O investimento total ascende a 138.424 euros, que foron financiados íntegramente pola Unión Europea, vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), e pola Deputación de Pontevedra, sen que supoñan ningún custe para as arcas municipais do Concello da Lama. Esta financiación externa permite ao municipio actualizar a flota sen impacto orzamentario directo, reforzando o compromiso institucional coa transición enerxética e a mellora dos servizos públicos.

Paralelamente a este investimento en equipamiento, o Concello da Lama vaise poñer en marcha unha campaña de concienciación cidadá sobre a reciclaxe e a separación de residuos, centrada especialmente nos grandes produtores de materia orgánica do municipio como son os establecementos hostaleiros. O obxectivo é fomentar hábitos responsables, incrementar a separación na orixe e contribuír á mellora dos índices de reciclaxe.

Este tipo de iniciativas demostran como os fondos europeos permiten ás administracións locais avanzar cara unha xestión máis eficiente e ecolóxica da recollida de residuos, reducir emisións, e mellorar o servizo ao cidadán.

Pola súa banda, o alcalde da Lama, David Carrera, indicou que esta adquisición “representa un paso adiante na modernización do servizo de recollida de residuos e na aposta por unha Lama máis sostible, eficiente e comprometida co futuro”. Engadiu que “o impulso á separación da materia orgánica, xunto coa renovación da flota, permitirá mellorar tanto a calidade do servizo como o impacto ambiental”.

BENEFICIOS PREVISTOS QUE APORTA ESTE CAMIÓN 100% ELÉCTRICO

O camión é un vehículo 100,% eléctrico, do fabricante OHM e está equipado con batería de litio de última tecnoloxía de 63 kWh. Ten unha autonomía de 280 quilómetros e 3 modos de condución (ECO, Normal e Sport). Está provisto de Sistema de Brazo Eléctrico para intercambiar diferentes caixas. Dispon dunha caixa tipo Satélite de 4 m3 con capacidade con elevacontenedores de carga traseira (Contedor Marrón / Biorresiduos) e caixa de aluminio con alzas volumétricas.

Este novo vehículo contribuirá tamén á redución de emisións de gases contaminantes e ruidos ao empregar tecnoloxía eléctrica; aumentar a eficiencia do servizo grazas á versatilidade do vehículo; fortalecer a campaña de concienciación cidadá para involucrar aos establecementos hostaleiros e á cidadanía na separación responsable; mellorar os índices de reciclaxe e fomentar a economía circular no municipio; e non repercutir directamente nos orzamentos municipais, grazas á total financiación externa.

Unha vez recibido o camión, o Concello da Lama procederá a matriculalo e dotalo de seguro de circulación para incorporalo canto antes aos novos cometidos que terá que afrontar dentro das rutas de recollida adaptadas á fracción orgánica mediante o contedor marrón.

Asimismo, o Concello porá en marcha unha campaña de sensibilización cidadá dirixida a establecementos hostaleiros e grandes produtores de materia orgánica, para extender accións ao conxunto da cidadanía e monitorizar os resultados da implantación (reducción de residuos mezclados, incremento da separación da materia orgánica, mellora da eficiencia do servizo) e sacar consecuencias.

Publicacións Relacionadas