HomeO SalnésCambadosO alcalde recibe ao delegado do goberno na primeira visita institucional a...

O alcalde recibe ao delegado do goberno na primeira visita institucional a Cambados

- Anuncio -spot_img

O alcalde de Cambados, Samuel Lago, recibiu ao delegado do goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, na que foi a primeira visita institucional que o representante estatal realiza a un municipio da comarca de Arousa.

Samuel Lago recibiu na Casa Consistorial ao delegado do goberno, que acudiu acompañado da subdelegada na provincia Maica Larriba e da presidenta da Deputación Carmela Silva.

Durante o encontro, ademáis de expresar o compromiso de cooperación institucional, o rexedor e o delegado abordaron actuacións de colaboración entre ambas administracións.

Entre elas, impulsar ante Costas o Plan Especial de Portos que permitirá a consecución da reforma da praza de abastos.

Por elo, o delegado, guiado polo rexedor, puido coñecer de preto a contorna da praza durante unha visita ao interior das instalacións e aos postos do mercado ambulante.

Ao longo do percorrido, Lago e Besteiro tiveron oportunidade de conversar con vendedoras da praza e coa veciñanza que hoxe facía as súas compras nos postos de peixe e no tradicional mercado dos sábados.

Publicacións Relacionadas