Onte pola mañá o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña acompañado do Capitán-Xefe da Compañía de Vigo, Rafael Antonio Pereira López deron a benvida ao novo Tenente-Comandante do posto principal de Baiona-Nigrán, Diego De La Puente Martínez.
Desde o Concello de Baiona queremos dar todo o noso apoio ao novo Tenente-Comandante para realizar o seu labor na nosa vila, na cal, prestarémoslle a nosa axuda en todo o posible para que o seu traballo na axuda dos veciños sexa o máis efectiva posible.